A Xunta entregou equipos de protección a todos os concellos das comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada

O lote estivo composto por 4.455 mascarillas e case 500 traxes de protección, ademais de guantes e outro material

O material repartido pola Xunta aos concellos do sur lucense incluiu guantes, mascarillas, traxes de protección, batas, botes de xel hidroalcohólico e desinfectante clorado. GPDTL

A comezos de abril, a Xunta completou a distribución de equipos de protección entre todos os concellos que integran as comarcas de Lemos, Quiroga e Chantada. O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, precisou o contido do lote completo destinado aos concellos da zona sur da provincia. Nestas tres comarcas, distribuíronse 7.900 guantes, 4.455 mascarillas, 474 traxes de protección, 500 batas, 74 botes de xel hidroalcohólico e 46 litros de desinfectante clorado, para dar cobertura ao persoal municipal dos concellos de Monforte de Lemos, Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao, Sober, Carballedo, Chantada, Taboada, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil.

RECURSOS PROPIOS DA XUNTA “PARA ATENDER AO CEN POR CEN DOS CONCELLOS LUCENSES”

Dende a delegación da Xunta en Lugo salientaron que o Goberno central foi a Admistración que asumiu o reparto de material deste tipo dende a declaración do estado de alarma. Debido a que estes recursos “non estaban chegando en cantidade suficiente”, a Xunta decidiu destinar materiais propios e procedentes de doazóns para dar cobertura a todos os municipios, co fin de “atender todas as necesidades e en apoio do cen por cen dos concellos lucenses”.

A XUNTA GARANTE MÁIS REPARTOS “DE XEITO PERIÓDICO” CO FIN DE TER ATENDIDOS “SOBRE TODO AOS CONCELLOS MÁIS PEQUENOS”

Os equipos de protección van destinados a traballadores do servizo de axuda no fogar, servizos sociais ou protección civil, preferentemente, para que poidan realizar as súas tarefas en condicións de seguridade.

José Manuel Balseiro garantiu que a Xunta vai seguir aportando material de xeito periódico, co fin de atender sobre todo aos concellos máis pequenos “por entender que son os que máis dificultade teñen á hora de acceder a estes recursos”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación ofrece ás persoas que teñen billete para os catamaráns a devolución do importe ou cambiar a data da viaxe

Seguinte Nova

A Torre da Homenaxe de Monforte, en verde esperanza

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: