A UME realizou tarefas de desinfección en Monforte para protexer aos colectivos en risco polo coronavirus

Ademais da cidade do Cabe, os efectivos militares actuaron noutras cinco ciudades e vilas lucenses

Traballos de desinfección da residencia San José de Monforte por efectivos da UME, o 24 de marzo. GPSGL

Durante a xornada do 24 de marzo, efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME) levou a cabo traballos de desinfección de espazos comunitarios en Monforte de Lemos, así como noutras cinco localidades lucenses, dentro da Operación Balmis. Un total de 60 efectivos e 28 vehículos da UME despregáronse na provincia ao longo da xornada do martes 24, para desenvolver esta labor en residencias de maiores e centros sanitarios de Monforte de Lemos, Lugo, Vilalba, Viveiro, Outeiro de Rei e Castro de Rei.

Segundo informaron dende a Subdelegación do Goberno na provincia, escolleuse actuar en puntos nos que se concentra a poboación de maior risco diante da ameaza do coronavirus. Na decisión, tivéronse en conta tamén as demandas dos municipios.

Xunto aos efectivos da UME e na mesma xornada, o Ministerio de Defensa tamén enviou a efectivos da Brilat para reforzar as labores das forzas de seguridade na cidade de Lugo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Flexibilidade do Plan Único da Deputación para que os concellos poidan usar máis fondos contra o coronavirus

Seguinte Nova

Prohibida ata o 31 de marzo a venda directa de produtos agrogandeiros nas feiras polo coronavirus

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: