A Xunta pon a disposición dos concellos a bolsa de 130 auxiliares de Policía Local para atender a crise do coronavirus

Abrirarse primeiro a solicitude para os 74 concellos conveniados coa Academia Galega de Seguridade Pública, e despois de cinco días hábiles, tamén para o resto de municipios que o necesiten

O reforzo da plantilla da Policía Local con auxiliares permitirá maior operatividade aos Concellos fronte á crise do coronavirus. (Arquivo EC)

A Xunta pon a disposición dos concellos galegos a bolsa de contratación de auxiliares de Policía Local da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), para atender as necesidades derivadas da crise do coronavirus.

Segundo informaron os responsables autonómicos, ata o venres 27 de marzo está aberto o prazo preferente para os 74 concellos que subscribiron o convenio coa Agasp para a centralización do proceso selectivo de policías locais e auxiliares. Cando remate este prazo, abrirase a quenda de solicitudes para o resto dos municipios.

Ademais, a Xunta vén de simplificar ao máximo a tramitación das solicitudes. Só é preciso  que envíen un correo electrónico ao enderezo formacion.agasp@xunta.gal, indicando na solicitude que cumpre os requisitos esixidos para a contratación, ademais de comunicar o número de prazas que solicita e o período da contratación. Unha vez atendida a solicitude, os concellos deberán comunicar a contratación efectiva ao centro de coordinación da Delegación ou Subdelegación do Goberno correspondente.

Dende a Xunta precisaron que a bolsa inclúe na actualidade a 130 auxiliares, aínda que se podería aumentar este número se fose necesario, incluíndo a todas as persoas que, tendo superado o proceso selectivo para a categoría de policía local, non obtiveran praza na última convocatoria realizada.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta priorizará aos concellos pequenos no reparto de material de protección

Seguinte Nova

Sober, Bóveda e Taboada, entre os seis primeiros municipios lucenses con espazos desinfectados

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: