O I Campionato de Futbolín do Incio acadou un éxito de participación, congregando na xornada do sábado 15 de febreiro a 120 parellas chegadas de toda Galicia, e tamén de Asturias e Castela-León. Dende o Concello, o alcalde, Héctor Corujo, felicitouse pola «alta participación», e tamén «pola importante inscrición local» nunha proba da que se está xa a preparar a segunda edición.
A proba, organizada polo Concello en colaboración con Lucus Recreativos, repartiu máis de 2.000 euros en premios. Na categoría local, quedaron primeiros Magdaleno e Pereiro, e segundos Manu e Vila.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana
O domingo ás 18 horas, A Pinguela acollerá un partido clave para o futuro dos lemistas,
O pasado mes de marzo deu comezo oficialmente a nova tempada de pesca en augas continentais