Recepción no Concello de Monforte aos taekwondistas Laura Álvarez e Álex Camba, recentes campións de España

Laura Álvarez e Álex Camba, campións de España de taekwondo, co alcalde de Monforte, José Tomé, na recepción celebrada o 21 de febreiro. GPCM

O deporte monfortino conta con novos medallistas nacionais, que foron recoñecidos polo Concello nun acto oficial. O pasado 21 de febreiro, o alcalde de Monforte, José Tomé, recibiu no Consistorio a dous deportistas do Neka, Laura Álvarez e Álex Camba, que se proclamaron campións de España de taekwondo, na modalidade de técnica, na proba celebrada en Torrelavega a comezos de mes. Álvarez subiu ao máis alto do podio da categoría cadete feminina, mentres que Camba alzouse co ouro nacional en senior masculino. Ademais, o taekwondista do Neka vén de ser recoñecido como Deportista de Alto Nivel polo Consello Superior de Deportes a nivel nacional.
Asimesmo, Álvarez e Camba participaron, a mediados de mes, no adestramento da selección española para o Campionato do Mundo.
O alcalde de Monforte felicitou aos deportistas pola súa exitosa traxectoria, e agasallounos cun trofeo conmemorativo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte contará con máis fondos da Deputación para impulsar a vindeira edición do Festival do Viño

Seguinte Nova

O I Campionato de Futbolín do Incio rebasou o cento de participantes e as fronteiras de Galicia

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: