Completado o arranxo da estrada que vai á presa de Vilasouto

Imaxe dos traballos de arranxo da estrada de acceso á presa, realizados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil. GPCI

Este mes, quedaron rematados os traballos de mellora da estrada que dá acceso á presa de Vilasouto, dende o vial LU-644 ata o punto superior do encoro. As obras foron financiadas pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil, por un importe de 62.921 euros.
Estas obras responden á petición formulada o pasado mes de agosto polo alcalde de O Incio, Héctor Corujo, ao presidente da Confederación, José Antonio Quiroga. O rexedor local valorou positivamente esta obra, que considerou «moi necesaria». Nesta xuntanza, Corujo tamén solicitou o mantemento das infraestruturas que son competencia do organismo hidrográfico. O rexedor puxo enriba da mesa a posibilidade de facer navegable o embalse de Vilasouto, iniciativa que Quiroga se comprometeu a estudar.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os concellos de A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio reclaman á Xunta un obradoiro de emprego

Seguinte Nova

A XL Feira do Viño de Amandi celebrarase o 18 e o 19 de abril, con Benedicta Sánchez de pregoeira

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: