O monfortino Eduardo Iglesias e os membros do equipo lucense Galimplant, recibidos na Xunta pola súa participación no Rally Dakar

Os pilotos do equipo lucense que participou no Rally Dakar foron recibidos polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o pasado 22 de xaneiro. GPXG.

O monfortino Eduardo Iglesias, e os irmáns Pedro e Marcos Burgo, foron recibidos este mes polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, logo da súa participación no Rally Dakar 2020. Os tres pilotos competiron na proba celebrada en Arabia Saudí dentro do equipo Galimplant. Os irmáns Burgo competiron na modalidade SVV (“Side by Side”), de recente creación, e Iglesias rematou a durísima proba no posto 94 da categoría de motos. Lete Lasa felicitou aos pilotos polo “seu traballo e esforzo”, e afirmou que a Xunta seguirá apoiando “a todos aqueles intrépidos deportistas que se atrevan a deixar o pavillón galego ben alto no rally máis duro do mundo”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os populares de Galicia denuncian dende Monforte “a dramática situación” do servizo ferroviario

Seguinte Nova

Monforte acolleu o triplo Campionato Galego de taekwondo, con dez medallas para o Neka, club anfitrión da proba

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: