Conta atrás para que a UNESCO valore a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

O anuncio da entrega dos documentos da candidatura no Ministerio de Cultura realizouse no marco dos actos promocionais da Ribeira Sacra no stand de Galicia en Fitur, o 22 de xaneiro. GPXG

O longo camiño da Ribeira Sacra para ter o recoñecemento da UNESCO vén de dar un penúltimo paso. O 22 de xaneiro, o conselleiro de Cultura entregou a documentación da candidatura deste territorio a Patrimonio da Humanidade no Ministerio de Cultura, organismo encargado da súa revisión e posterior envío á entidade internacional. Segundo deu a coñecer en Fitur o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, a UNESCO disporá desta documentación antes de que comece febreiro.
«Cumprimos os nosos deberes», destacou Rodríguez no stand de Galicia na Feira Internacional de Turismo, lembrando os pasos que deu a Xunta para avanzar neste proxecto. O conselleiro lembrou a declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural, o Plan de Xestión e a entrega do dossier ao Ministerio. Con todo, Rodríguez apostou pola prudencia ante a «complexidade» dunha tramitación deste tipo, aínda que amosou o seu desexo de que 2021 sexa «o ano de Galicia, polo Xacobeo e pola Ribeira Sacra».•

Galicia, á cabeza de España en crecemento turístico

A menos de 12 meses do Ano Santo 2021, Galicia estase a consolidar como un referente turístico. Segundo os datos de 2019, ofrecidos polo presidente da Xunta, a nosa Comunidade rexistrou cifras «récord», con case 11 millóns de pernoitas e preto de 5,1 millóns de turistas.

CALIDADE E COLABORACIÓN CO SECTOR
Núñez Feijóo salientou tamén que Galicia foi a comunidade na que máis medrou o turismo en 2019, cun aumento do 6%, «moi por riba» do 1% de media de crecemento de España. «Estas cifras acreditan que Galicia é cada vez máis competitiva», afirmou o mandatario autonómico, argumentando que esta mellora débese «á aposta decidida pola calidade e a estreita colaboración co sector turístico».
Feijóo subliñou que o obxectivo é «chegar cos mellores resultados e a mellor imaxe a 2021», para que sexa «o mellor Xacobeo da nosa historia». •

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

O Muferga acolle a exposición "Paz + Paciencia= Conciencia", de Joaquín Balsa

Siguiente Noticia

Conta atrás para o inicio dun novo ciclo de carreiras populares no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: