O Muferga acolle a exposición «Paz + Paciencia= Conciencia», de Joaquín Balsa

A inauguración da mostra de Joaquín Balsa tivo lugar o 28 de xaneiro no Museo do Ferrocarril de Galicia en Monforte. GPCM

O 28 de xaneiro, quedou inaugurada no Museo do Ferrocarril de Galicia (Muferga) en Monforte a nova exposición do artista plástico Joaquín Balsa.

EXPOSICIÓN SIMULTÁNEA EN MONFORTE E ESPINHO
Baixo o título «Paz + Paciencia = Conciencia», o artista ofrece un conxunto multidisciplinar de 12 pezas de pintura e escultura, nunha exposición simultánea coa do Museo Municipal de Espinho en Portugal, a primeira que Balsa realiza con estas características entre Galicia e o país veciño. O artista plástico vén de probar este formato simultáneo de mostra entre Busán e Seúl, en Corea.
Para as pezas que se poden ver en Monforte e Espinho, Balsa botou man da chapa galvanizada e o papel, sempre tratando de estar cómodo cos materiais cos que traballa. Unha das súas prioridades é provocar no espectador «sensacións como o equilibrio, a paz e a emoción». «Crear é unha gran pasión que transforma en beleza o que outros perciben como utilidade», afirma Balsa.•

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

A estrada autonómica de Ferrería do Incio quedará operativa a finais de febreiro

Siguiente Noticia

Conta atrás para que a UNESCO valore a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: