Completada a primeira fase da actividade «Coñece o teu Camiño», organizada polo Concello da Pobra do Brollón

Os participantes na quinta etapa do roteiro «Coñece o Teu Camiño», á súa chegada a Penasillás. (Foto: Cedida GPCPB-/ Autora: Rocío Peruchela)

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha a actividade «Coñece o Teu Camiño», para realizar o itinerario xacobeo dende A Pobra ata Compostela en 10 domingos. O 27 de outubro quedou completada a primeira fase deste proxecto sociocultural, co remate en Penasillás da quinta etapa. O roteiro botou a andar en setembro, e voltará con outras cinco etapas en marzo de 2020, para evitar os meses de inverno.

POTENCIAR O CAMIÑO DE INVERNO
Segundo informaron dende o Concello da Pobra, a media de participación nesta primeira fase foi de 40 persoas por etapa, a maioría veciños do municipio, aínda que tamén houbo camiñantes procedentes de concellos limítrofes. O alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, salientou «o éxito» desta primeira quenda de andainas xacobeas, iniciativa que se suma ao «traballo que vimos facendo dende hai anos para potenciar o Camiño de Inverno como un dinamizador económico para o noso municipio». Nesta liña, Maceda lembrou que «estamos procurando a creación dun albergue na Pobra», co fin de que «os peregrinos paren e o Camiño teña máis repercusión na nosa comunidade».

ACTIVIDADE GRATUÍTA QUE VOLVE NO MES DE MARZO
De cara ás etapas que se desenvolverán a partir de marzo de 2020, dende o Concello da Pobra lembraron que a actividade, organizada dentro do programa da Xunta «O Teu Xacobeo», é gratuíta. Os participantes disporán de bus gratis ida e volta e guía oficial, e realizarán unha visita de tarde a algún punto de interese turístico da contorna. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

51.000 lucenses vacináronse contra a gripe nos primeiros quince días da campaña

Seguinte Nova

A Xunta investirá 200.000 euros en Bóveda para a recuperación de terras baldías

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: