A mellor música folk galega deuse cita no festival As Cores do Outono da Pobra do Brollón

O emblemático grupo Milladoiro abriu a sexta edición do festival folk As Cores de Outono, que organizou o Concello da Pobra do Brollón. (Fotos: PILI CHAOS)

. O sábado 14 de setembro, A Pobra do Brollón converteuse no gran escenario da música folk de Galicia.

CULTURA FOLK NUN ESCENARIO NATURAL
O festival As Cores do Outono encheu a área de Samugueiros de sons e animación, en xornada de tarde-noite. O festival comezou cun espectáculo para toda a familia, da man da compañía Píscore, gañadora do premio do público no Festiclown 2018.
Xa na quenda musical, a cita da Pobra tivo como actuación estrela ao emblemático grupo Milladoiro. A sexta edición de As Cores do Outono completou o seu plantel coa música do ourensán Magín Blanco, e as Pandereiteiras de Bouba, formación procedente da localidade coruñesa de Tordoia.
O festival estivo organizado polo Concello da Pobra do Brollón, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.•

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Noticia Anterior

Acordo entre a Xunta e o Concello do Incio para reforzar a loita contra a velutina

Siguiente Noticia

Arranca o Outono Fotográfico de Chantada, con tres exposicións, un curso de fotografía dixital e o tradicional concurso

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: