O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entregou este mes os galardóns correspondentes á décima edición dos Premios Agader, que recoñeceron, entre outros, aos impulsores do Xeoparque Mundial Montañas do Courel.
A iniciativa foi posta en marcha polos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, que constituíron a Asociación Montañas do Courel para dar visibilidade a unha zona caracterizada pola súa singular orografía e o seu valor xeolóxico. Recentemente, esta proposta obtivo o recoñecemento de Xeoparque Mundial.
O premio concedido por Agader valorou “que é posible, a través dun proxecto de xeoturismo, impulsar o rural” e conseguir “unha Galicia máis innovadora e máis verde”. •
Últimas noticias sobre EVENTOS
O Concello de Monforte de Lemos, a través da súa Concellería de Cultura, convoca o XXXI
O Mesón Ferreiriño alzouse co título de tapa gañadora no concurso Val de Quiroga de Tapas
A tradicional Mostra do Aceite de Quiroga, que terá lugar o domingo 21 de abril no
O Motoclub RS Chantada vén de cambiar recentemente de directiva e nesta nova andaina decidiuse recuperar
Un ano máis, a multitude de actividades programadas, que con pequenos axustes pola ameaza de choiva