Arrancan as Casas do Maior en Galicia

•A primeira destas unidades entrou en funcionamento a finais de maio no concello pontevedrés de Pazos de Borbén

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou a Casa do Maior de Pazos de Borbén o 28 de maio, primeiro día de funcionamento dun centro deste tipo en Galicia. GPXG

Arrancou en Galicia o servizo de Casas do Maior, que buscan achegar a labor asistencial aos maiores con iniciativas privadas apoiadas pola Xunta. A primera Casa do Maior de Galicia abriu o mes pasado, e xa atende a tres maiores no concello pontevedrés de Pazos de Borbén.

A Casa do Maior conta con todos os requisitos de confortabilidade e seguridade establecidos pola lei. GPXG

“POR UN RURAL DINÁMICO, ACTIVO E QUE COIDE DOS SEUS”
Os usuarios recibiron a visita da conselleira de Política Social, Fabiola García, quen gabou a iniciativa de persoas como Selene Domínguez, promotora desta unidade, “por poñer a súa profesionalidade ao servizo dos demais”, ao tempo que “colabora co obxectivo da Xunta de seguir a avanzar cara a un rural dinámico, activo e que coide dos seus”.
Dende a Xunta precisaron que as Casas do Maior concebíronse co mesmo deseño das Casas Niño, é dicir, unha iniciativa privada para aportar un servizo de atención, neste caso a maiores, en concellos de menos de 5.000 habitantes. As Casas do Maior están adaptadas para persoas maiores de 60 anos que se atopan en situación de dependencia moderada ou severa. Os centros están abertos ata 8 horas diarias, con flexibilidade horaria e total garantía de seguridade e calidade esixibles pola normativa actual.
A Xunta destina este ano máis de un millón de euros para apoiar a posta en marcha de case 30 Casas do Maior.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Galega 100%, o selo lácteo que marca a garantía no mercado

Seguinte Nova

O Concello acondiciona a Lagoa do Parque dos Condes para os meses de verán

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: