A Xunta anunciou que licitará o Plan Ribeira Sacra para «unha correcta e eficiente planificación» cara a ser Patrimonio da Humanidade

As institucións e colectivos seguen a traballar para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. (Foto: Arquivo EC)

A xestión dos esforzos que as diferentes institucións van realizar para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade coordinaranse nun mesmo proxecto.

INTEGRAR A COLABORACIÓN DE TODAS AS INSTITUCIÓNS
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, anunciou a finais de maio que a Xunta vai licitar o Plan de Xestión da Ribeira Sacra, como «paso previo positivo e necesario» para a candidatura deste territorio a ingresar na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. Rodríguez xustificou esta medida pola importancia da colaboración de todas as institucións, e pola necesidade «dunha correcta e eficiente planificación». O titular de Cultura e Turismo destacou que o Plan busca «coordinar os investimentos e as actuacións desenvoltas polos diferentes axentes do territorio».

«OPORTUNIDADE» PARA CONSERVAR, MELLORAR E PROMOVER A RIBEIRA SACRA
Román Rodríguez explicou que o Plan Ribeira Sacra será «unha verdadeira oportunidade» para protexer, mellorar e promover esta zona. Segundo Rodríguez, o Plan impulsará medidas concretas para conservar «o valor universal excepcional» da Ribeira Sacra, e promoverá a difusión dos seus valores «dentro e fóra» deste territorio.
Na súa intervención no Parlamento de Galicia, o 29 de maio, para anunciar esta licitación, Román Rodríguez lembrou as diferentes iniciativas que ten posto en marcha o seu departamento para impulsar a Ribeira Sacra. Por unha banda, o conselleiro salientou os diferentes trámites que levou a cabo o Executivo autonómico para axilizar a declaración deste territorio como Ben de Interese Cultural (BIC), paso previo e imprescindible para poder optar ao distintivo da UNESCO. Ademais, Rodríguez puxo en valor o investimento de máis de 1,8 millóns de euros que o Goberno galego realizou ao longo de 2018. Nesta partida, incluíronse accións de restauración do patrimonio cultural e de promoción turística, así como iniciativas de coidado e sinalización do Camiño de Inverno. Durante este ano, está previsto executar accións por valor de 1,7 millóns de euros, e licitar outros 700.000 euros máis. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Parlamento instou á Xunta a contratar este ano os proxectos para o desdobramento do corredor entre A Pobra e Nadela

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra, no arranque da tempada dos Trens Turísticos de Galicia

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: