Comezaron as sesións de ximnasia de mantemento nas parroquias de Sober

Participantes na actividade de ximnasia de mantemento na parroquia de Rosende, dentro do programa de ocio saudable que organiza o Concello de Sober. GPCS
O Concello de Sober ten en marcha, dende mediados deste mes, a actividade de ximnasia de mantemento en sete parroquias e na capitalidade. O programa está aberto a todas as parroquias que o soliciten, sempre que xunten un grupo mínimo de 6 persoas.
XIMNASIA POLA TARDE NAS PARROQUIAS, E DE MAÑÁ E TARDE NA CAPITALIDADE
Os luns hai sesión de ximnasia en Vilaescura ás catro da tarde, en Anllo ás cinco, en Rosende ás seis e en Canabal ás sete. Os mércores terán lugar as clases ás catro en Doade e ás sete en Neiras. O xoves é a quenda de Arxemil, con ximnasia ás catro da tarde. Na capitalidade o horario de ximnasia de mantemento é máis amplo. Hai clase ás once da mañá os martes, mércores e xoves, e tamén os mércores ás cinco e media da tarde.
As sesións de ximnasio de mantemento son de balde.
HORARIOS DO XIMNASIO MUNICIPAL
Dentro da programación lúdica e de benestar, o Concello de Sober abriu o ximnasio municipal o 17 de outubro, para as actividades do novo curso. A sala de máquinas está aberta os martes, mércores e xoves pola mañá, de dez e media a unha e media, e os martes e xoves pola tarde de cinco e media a oito. O acceso ao ximnasio municipal de Sober é gratuíto.
«ACTIVA CORPO E MENTE»
Dende o 23 de outubro, desenvólvese no ximnasio de Sober o programa «Activa corpo e mente», unha nova actividade para facilitar o exercicio físico pero tamén as capacidades cognitivas. As sesións, que teñen lugar os martes ás cinco e media, están destinadas a adultos maiores de 60 anos. A actividade inclúe ximnasia suave, ritmo e baile, xogos sensoriais de habilidade e ximnásticos, de representacións, competitivos e dinámicas grupais. Os participantes tamén realizarán técnicas de relaxación e de exercicio da memoria. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sendeirismo, foto, benestar e viaxes, na axenda de outuno da Escola de Idiomas de Monforte

Seguinte Nova

A Aula UNED de Monforte pon en marcha novos cursos

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: