Elena Varela, do Neka, declarada Deportista Galega de Alto Nivel

Elena Varela, do ximnasio Neka, nunha recente exhibición de taekwondo. (Foto: SANDRA GARÁN)

A taekwondista do ximnasio Neka Elena Varela vén de ser declarada Deportista Galega de Alto Nivel. Segundo informaron no club, esta consideración, para a que se tiveron en conta os méritos deportivos de Varela, permitiralle acceder a calquer carreira universitaria á marxe da nota de corte. Ademais, terá facilidades para obter becas e compaxinar estudos e competición.
Dende o Neka valoraron «esta grandísima noticia», como «un xusto premio ao esforzo e traballo de Elena». Varela vén de lograr un bronce no Campionato do Mundo de Taekwondo Praia en Grecia, e clasificarse coa selección española, en parella con Alex Camba, para o Campionato do Mundo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Promoción turística da provincia de Lugo a través do CB Breogán

Seguinte Nova

Máis de 5,4 millóns da Xunta para activar o sector agrogandeiro no sur lucense

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: