Monforte de Lemos e o sur de Lugo protagonizaron o remate da 17ª Volta Ciclista a Galicia

Imaxe do pelotón polas rúas de Monforte de Lemos, na etapa circular que puxo fin á última Volta Ciclista a Galicia, 23 de setembro. (Foto: PILI CHAOS).

O sur de Lugo foi o protagonista do peche da 17ª Volta a Galicia. Monforte de Lemos foi saída da derradeira etapa, que transcorreu o domingo 23 de setembro por terras do sur lucense. Bóveda, Sarria, A Pobra do Brollón e Quiroga acolleron o paso do pelotón, que enfilou as últimas pedaladas cara a cidade do Cabe, escenario da meta. Monforte deu o triunfo a Sergio Vega, do equipo Froiz e vixente campión de España. O maillot azul de primeiro galego clasificado foi para Lestido, e o de puntos vermellos ao mellor escalador para Samuel Blanco, do Cortizo Anova. O ciclista deste equipo Jorge Montenegro rematou como líder de metas volantes. O mellor sub 23 foi Iñigo Elosegui. •

Corte de cinta da etapa monfortina, coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o alcalde de Monforte, José Tomé, na saída o 23 de setembro. GPXG

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Máis dun cento de participantes nas Rutas de Historia polas terras de Sober, A Pobra do Brollón e Monforte

Seguinte Nova

Promoción turística da provincia de Lugo a través do CB Breogán

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: