Dous alumnos do IES Daviña Rey, premiados no III Certame Mulleres de Lemos

• Con motivo da celebración, o pasado 24 de outubro, do Día da Biblioteca, o colectivo Lemos Le fixo entrega dos premios do III Certame Mulleres de Lemos, que estivo adicado á figura da oleira Lola de Penelas.
O premio na modalidade de Banda Deseñada foi para Raúl Rodríguez, alumno do IES Daviña Rey. Neste centro monfortino tamén Víctor Rodríguez, premiado cun accésit na mesma categoría. Pola súa banda, o premio de Divulgación foi para Paula Vázque Verao e o Centro de Información á Muller.
Os premios foron entregados durante o xantar celebrado en Sober, no que se reuniron preto de 40 persoas.
O colectivo Lemos Le organiza este xantar de confraternidade para reivindicar a importancia das bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de formación e recursos. En este colectivo están representadas as bibliotecas de Monforte, Bóveda, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Castanhazo Rock reunirá o 29 de outubro en Chantada a máis de 5.000 persoas

Seguinte Nova

Alumnado do IES A Pinguela realizou unha viaxe de estudios a Madrid

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: