A Estación Científica do Courel acolleu unha xornada sobre aproveitamento non madereiro do monte

•A Deputación de Lugo colabora coa USC cunha achega anual de 50.000 euros para realizar este tipo de actividades

O director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro, e a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, na xornada sobre producións non madereiras e micoloxía.  GPDL.
O director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro, e a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, na xornada sobre producións non madereiras e micoloxía. GPDL.

 

• A mediados de outubro, a Estación Científica do Courel reuniu a máis de medio cento de persoas de toda Galicia e Castela-León nunha xornada divulgativa sobre a posta en valor do monte dende varias perspectivas.
POSIBILIDADES NON MADEREIRAS DO MONTE
Este centro científico acolleu o Taller de producións non madereiras do Monte, organizado pola Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica, e a IV Xornada de iniciación á Micoloxía, que organizou a propia Estación do Courel e a Universidade de Santiago de Compostela. A xornada contou coa colaboración da Deputación de Lugo, que ofrece unha colaboración de 50.000 euros anuais á Universidade de Santiago para o desenvolvemento deste tipo de actividades.
APROXIMACIÓN AOS PRODUTOS DO MONTE
O programa contou coa participación de diversos expertos, que introduciron aos asistentes sobre as características dos sistemas silvopastorais, o mundo da apicultura, as plantas medicinais e aromáticas, e as froiteiras arbustivas. Ademais, os poñentes disertaron sobre aspectos relacionados cos froitos e sementes das árbores, e as particularidades dos cogomelos comestibles e dos tóxicos. A tarde estivo adicada ao traballo de campo, cunha saída guiada ao monte para identificar e recoller cogomelos.
POSTA EN VALOR DA BIODIVERSIDADE
Na inauguración da xornada, a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, valorou a importancia desta xornada “para poñer en valor a biodiversidade da nosa provincia”, e destacou “o prestixio dos expertos que participaron nesta xornada divulgativa.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Axuda provincial de 85.000 euros para que os 7 clubes lucenses xestionen directamente a escola de piragüismo

Seguinte Nova

Monforte abrirá un Centro de Recepción de Peregrinos no baixo do antigo Hotel Comercio

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: