Novos murais seguen a encher de cor a Ribeira Sacra

•Ademais dos rematados en Peares, San Clodio e Chantada, o Consorcio de Turismo ten programados oito máis para este ano

O novo mural no Pavillón Deportivo de Chantada, recén rematado a mediados de setembro pola artista Doa Ocampo, dentro do proxecto "Un toque de cor en Ribeira Sacra", promovido polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. CTRS
O novo mural no Pavillón Deportivo de Chantada, recén rematado a mediados de setembro pola artista Doa Ocampo, dentro do proxecto «Un toque de cor en Ribeira Sacra», promovido polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra. CTRS

• A mediados de setembro, quedaron completados dous dos novos murais que o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra está a realizar no que é a continuación do proxecto «Un toque de cor en Ribeira Sacra», iniciado o ano pasado.
Un dos muros do Pavillón Deportivo de Chantada quedou decorado pola artista Doa Ocampo, cun motivo inspirado na lenda «A Pena de Erosa». O relato recorda a unha moura que, levando unha pedra na cabeza, foi perseguida e, na fuxida, atopou unha gran peneda que interpretou como o lugar onde pousar a peza que levaba enriba, e así xurdiu unha formación pétrea que se pode ver cerca da aldea de Erosa.
Outra das novas pinturas murais pode verse xa na Praia Fluvial de San Clodio, e asinado por Abraham Caride, que dá continuidade ao deseño que se realizara na primeira fase do proxecto.
Segundo precisaron dende o Consorcio, as vindeiras actuacións están previstas en Portomarín e Sober. As solicitudes que non puideron ser atendidas retomaranse nunha vindeira edición.
Ademais, a finais de agosto completouse a decoración de diversas fachadas de Os Peares-Estación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezou o curso escolar 2016-2017

Seguinte Nova

Concienciación para o uso da biomasa no consumo doméstico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: