O 10 de outubro comeza en Quiroga un curso de manualidades, decoración e restauración

• O Concello de Quiroga ten aberto ata o 7 de outubro o prazo de inscrición no curso de manualidades, decoración e restauración. Esta actividade, que se desenvolverá no Museo Etnográfico de Quiroga, comezará o vindeiro 10 de outubro. As sesións organizaranse en dúas horas á semana, cun prezo de 15 euros ao mes.
OS DÍAS E HORAS DO CURSO FIXARANSE DE ACORDO COS INSCRITOS, ASÍ COMO O PROGRAMA
Segundo informaron dende o Concello de Quiroga, o calendario das clases acordarase coas persoas que se anoten no curso, tanto o día como a hora das sesións. Así mesmo, tamén van ser os propios alumnos e alumnas os que determinen coa profesora as temáticas e técnicas da programación.
INSCRICIÓN ATA O DÍA 7
Para máis información e inscricións, os interesados poden achegarse á Casa da Cultura, ou chamar ao teléfono 982 43 51 25.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Pazo de Tor acolleu as IV Xornadas de Bioconstrución

Seguinte Nova

Ata o 30 de setembro para anotarse na Escola Municipal de Teatro de Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: