O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) iniciou o procedemento para a adxudicación de 71 vivendas protexidas de promoción privada construídas, entre outros, nos concellos de Monforte de Lemos, Chantada, e Sarria. Á adxudicación de ditas vivendas poden acceder os solicitantes que estiveran inscritos no Rexistro de Demandantes na data do 28 de marzo de 2011. Así, os solicitantes deberán estar inscritos no réxime, modalidade e localidade da promoción á que se opte. En Monforte de Lemos adxudicaranse 31 vivendas, con prezos de venda que oscilan entre os 86.122,96 e os 125.078,55 euros. En Chantada adxudicáranse sete vivendas, cuxo prezo de venda é de 78.131 euros; e finalmente, no concello Sarria adxudicaranse dúas nas rúas Juan Montes 15-17 (86.272,08 euros) e Prolongación Escolar (115.890,54 euros). Asimesmo, a Xunta adxudicará en réxime de aluguer para menores de 35 anos as 58 vivendas de promoción pública rehabilitadas en seis concellos da provincia; oito delas en Chantada, e outras oito en Monforte.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
O Concello de Sober converteuse esta semana no epicentro do lanzamento do «O Encontro de Sober»,
Este luns, 1 de abril, abre o prazo para presentar solicitudes ao programa ReAcciona da Xunta
Remarca a súa colaboración institucional para que manteña a súa sede en Monforte, e propón a
A Agrupación Empresarial da Ribeira Sacra organizou unha xornada para presentar propostas para a elaboración do
Desde a Xunta de Galicia, os populares galegos apoian o investimento, mentres nacionalistas e socialistas móstranse