O telecentro chantadino, espazo de aprendizaxe

O telecentro de Chantada é un dos máis dinámicos da provincia. CC.

O Centro de Innovación Social In Lugo iniciou no telecentro de Chantada unha das súas actividades itinerantes de formación. Trátase dun curso de alfabetización informática, no que os 10 asistentes adquiriron os coñecementos básicos para saber manexar un ordenador e utilizar os buscadores de Internet e o correo electrónico. Pero non é casual que o telecentro de Chantada figure na axenda educativa, social e lúdica da comarca, xa que está a converterse nun espazo de encontro, formación e difusión das iniciativas de diversas asociacións e colectivos, así como unha ferramenta para os programas oficiais de formación específica. Un dos exemplos máis recentes foi o da II Cata por Videoconferencia con motivo da Feira do Viño de Chantada. Iniciativas como esta fan del “un espazo útil, práctico e moi cercano para todos os veciños”, tal e como indicou o seu responsable, Segundo Navaza. “Actividades coma esta, cursos que se realizan aquí, ou simplemente acudir a consultar algo, teñen por obxectivo axudar a eliminar a fenda dixital na sociedade”, i é que ao achegar as novas tecnoloxías, sobre todo aos colectivos máis desfavorecidos, impídese en certo xeito o aillamento tecnolóxico dos veciños. Para o seu uso, os veciños contan cun horario específico, mentras que os profesionais interesados reservan os días e as salas necesarias.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha o curso provincial de auxiliar de fabricación

Seguinte Nova

Chantada debate os orzamentos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: