O BNG de Chantada reclama o aluguer para vivendas

O BNG de Chantada ven de presentar unha moción na que insta á Xunta de Galicia a que posibilite o aluguer das vivendas dos edificios rehabilitados na rúa Daniel Vázquez Boo e no Cantón, e para que ao mesmo tempo inicie os trámites para a adxudicación dun baixo en ditos edificios para dependencias municipais. Segundo explicaron, os inmobles foron rehabilitados para potenciar o Casco Histórico e adicalos ao aluguer para a xente nova. Neste senso, na actualidade hai en Chantada no rexistro de demandantes deste tipo de vivendas preto de 35 persoas. Con respecto ao baixo, en marzo do ano 2009 o Concello de Chantada aceptou as condicións propostas pola Dirección Xeral do IGVS para a adxudicación dese local en réxime de aluguer cunha renda mensual de 43,94 euros máis IVE, facéndose cargo tamén dos gastos do suministro, se se adicaba a servizos municipais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Estratexias conxuntas e axudas para o relanzamento do turismo rural

Seguinte Nova

Alumnos de Sarria participan no programa Km 0

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: