O Concello de Monforte acondicionou os espazos vexetais do novo Paseo Fluvial e en zonas urbanas

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

• Durante a segunda quincena deste mes, o Concello de Monforte procedeu á limpeza dos espazos vexetais do novo Paseo Fluvial, así como de diversas rúas da cidade.

PODAS E DESBROCES NO NOVO PASEO FLUVIAL

En canto ao tramo do paseo a carón do río Cabe, entre o Parque dos Condes e Piñeira, desenvolvéronse labores de desbroce, poda de árbores e a eliminación das prantas de estramonio que brotaron de xeito espontáneo.

SEN DANOS SIGNIFICATIVOS NA BEIRA DO RÍO CABE TRALAS INTENSAS CHUVIAS DE XANEIRO

O alcalde de Monforte, José Tomé, acompañado polo concelleiro de Servizos, José Luis Losada, supervisou estes traballos nos diversos puntos entre o Parque dos Condes, a zona de Cobas e A Pinguela. O rexedor local aproveitou para comprobar o estado das beiras do río logo das intensas chuvias da primeira quincena de xaneiro. «Só nalgúns puntos moi concretos houbo arrastre de materiais, pero no que é a estructura as riadas non causaron ningún dano», declarou o alcalde, e precisou que o Concello vai proceder á retirada dos restos de maleza e area acumulados.

PODA DE ÁRBORES EN ZONA URBANA

En canto ás actuacións na zona urbana, o Concello de Monforte desenvolveu tarefas de poda de árbores na contorna da rúa Antonio López Ferreiro.

Para levar a cabo os traballos, dende o Consistorio procederon a cortar o tráfico durante varios días entre as rúas Valle Inclán e Filgueira Valverde, para garantir a seguridade da circulación e a boa marcha dos traballos.•

 

2 Comments

  1. quisiera puntualizar de su informacion que la empresa encargada de realizar los trabajos no se llama agrobicas. que agrobicas es un establecimiento situado en la calle roberto baamonde que se dedica a la venta de semillas plantas …. pero que no ha realizado ningun tipo de trabajo para el ayuntamiento de monforte de lemos. agradeceria que contactaran con el ayuntamiento para contrastar las informaciones que dan. se despide atentamente.

  2. Les vuelvo a puntualizar que Agrobicas no ha realizado ningun tipo de trabajos para ningun ayuntamiento. agrobicas es el nombre comercial del negocio al que estoy al frente y nos dedicamos a la venta de semillas, plantas y piensos …. Por favor contrasten las informaciones ya que el dar una noticia falsa por falta de contrastacion puede perjudicar a terceros. Y digo que no han contrastado porque no creo que el ayuntamiento de monforte de lemos les haya dicho que la empresa que ha realizado los trabajos se llama agrobicas y por agrobicas ustedes no han pasado. Les pediria una rectificacion en la medida de lo posible.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Aula de Teatro de Sarria inicia unha nova tempada

Seguinte Nova

Piden que o Concello de Monforte habilite zonas de carga e descarga diante dos hoteis

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: