Peticións ao Concello de Monforte dende o CCU e UGT

Despois de manter unha reunión cos tres grupos políticos da cidade de Monforte, dende o Centro Comercial Urbano informaron das peticións realizadas. Entre elas, atópanse algunhas como un edificio común para todas as asociacións, a creación da Mesa Local de Comercio, que non se traslade a Feira de Monforte ao centro da cidade, maior control sobre as licenzas de apertura de calquera tipo de negocio na vila e o control sobre a ordenanza das terrazas, así como un maior control das zonas peonís e a mellora do cableado eléctrico. Mentres tanto, a petición do sindicato UGT-Lemos ao Concello, pasa por que se lle adique unha rúa de Monforte ao escultor Secundino Rivera, como recoñecemento á súa labor profesional amosada na última década coa creación de bustos como o de Pablo Iglesias, Celestino Torres ou Pedro Fernández De Castro e Andrade.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mostra pictórica de Isauro González Pereira en Chantada

Seguinte Nova

Presentación oficial do PSOE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: