Aberto o prazo para inscribirse no programa Xuventur

O Concello de Pantón deu a coñecer que xa está aberto o prazo de inscrición no programa XUVENTUR; un programa con actividades de turismo deportivo e de aventura que se levará a cabo en diferentes establecementos rurais de toda Galicia, organizado conxuntamente pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e pola Secretaría Xeral para o Turismo e TURGALICIA. En dita iniciativa, ofrécense actividades entre os meses de abril a xuño, excluída a Semana Santa, nas que poden participar mozas e mozos de entre 18 e 35 anos. O programa inclúe, entre outras cousas, aloxamento, manutención completa, transporte dende o aloxamento ata o lugar onde se realizarán as actividades, así como o material preciso para o seu desenvolvemento. As prazas son limitadas e contan con descontos de ata o 25%. Os interesados poderán obter máis información na OMIX de Pantón.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Patrimonio relixioso en Pantón:O museo contará cunha parte de hospedaxe

Seguinte Nova

Sober mellora as súas fontes públicas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: