Bendilló activa de novo o muíño de aceite o 20 de marzo

Un momento da demostración do funcionamento do muíño de aceite de Bendilló. Arquivo EC

O próximo domingo 20 de marzo terá lugar na parroquia quiroguesa de Bendilló a XI Mostra do Aceite. A partir das once da mañá, os visitantes poderán achegarse a unha das actividades máis singulares da produción alimentaria de Galicia, que conserva como poucas os particulares procesos da obtención do aceite mantidos de xeración en xeración.

ACEITE CEN POR CEN ECOLÓXICO

Esta característica, unida a alta cualidade do aceite obtido na zona de Quiroga, garantida polo seu carácter ecolóxico cen por cen, están a conseguir o recoñecemento dun público que cada ano visita esta mostra, na busca das prezadas botellas deste “ouro líquido”, polas que se está a pagar ata 10 euros por medio litro.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Nesta mostra, que une tradición e gastronomía como poucas, a celebración estrela é a posta en funcionamento do muíño de Bendilló, que se manterá durante toda a xornada para desfrute e curiosidade de todos os asistentes. Asimesmo, ás doce da mañá terá lugar na Capela das Farrapas (no recinto feiral) a cata dos aceites participantes. A partir das doce e media, a xornada festiva estará amenizada con música tradicional galega, esta vez a cargo da Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga, o Grupo de Gaitas O Recanto de Quiroga e o Grupo de Danza San Martiño de Quiroga. Asimesmo, no recinto da mostra os visitantes poderán adquirir produtos típicos da zona, de paso que dan boa conta do pulpo á feira e do churrasco.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Chantada B logra o ascenso a Segunda Autonómica

Seguinte Nova

27de marzo, III Carreira Popular de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: