Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación, destacou o traballo do IES Lama das Quendas, de Chantada

O conselleiro de Educación e a delegada territorial da Xunta en Lugo, no IES Lama das Quendas. CE

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou a comezos de mes o IES Lama das Quendas de Chantada. Vázquez estivo acompañado pola delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e polo xefe territorial de Educación na provincia, José Jesús Ramos Ledo, entre outros.

Sección bilingüe e Proxecto Abalar

Na súa visita, o conselleiro destacou que este instituto participa das iniciativas máis innovadoras impulsadas pola Consellería de Educación, como o Proxecto Abalar, grazas ao cal os alumnos de 1º da ESO contan este curso con cadanseu ordenador portátil na aula, o que supuxo unha inversión de máis de 37.700 euros. Por outra banda, tamén destacou a sección bilingüe en inglés, na materia de Obradoiro de iniciativas emprendedoras, en 3º da ESO, e a súa biblioteca escolar, inserida no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Viticultura de precisión para a Denominación de Orixe

Seguinte Nova

O Chantada B logra o ascenso a Segunda Autonómica

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: