Os adegueiros superan todas as previsións en canto a vendas na XXIX Feira do Viño de Chantada

Os visitantes disfrutan da Feira nos novos stands en forma de barrica. EC
O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, visitou a Feira do Viño de Chantada e entregou os premios do Concurso de Gando Frisón. XG.
Entre o público asistente á Feira do Viño de Chantada, o alcalde da localidade, Manuel Anxo Taboada. EC.
Posto de exposición e venda de produtos típicos da zona. EC
Os asistentes puideron mercar a bo prezo na III Feira de Oportunidades.EC.
Actuación da Banda de Música durante as xornadas da Feira de Chantada. EC.
Chantada acolleu unha concentración de autocaravanas durante toda a fin de semana da Feira. EC.

A vixésimo novena edición da Feira do Viño de Chantada foi todo un éxito. Así o confirmou o concelleiro de eventos, Xosé Manuel Ledo, quen fixo un balance máis que positivo da celebración.

“Teño que dicir que todo transcorreu moi ben; houbo moita xente tanto o venres como o sábado e o domingo, e os adegueiros venderon máis viño que nunca. O que sí se notou foi un pouco menos de xente o domingo pola tarde porque, como choveu, pois a xente igual non saiu tanto da casa. É certo que había moito ambiente na carpa, pero no que foi o pobo pois igual un pouco menos que outros anos. Polo demáis, os adegueiros venderon máis de 20.000 botellas, cando o ano pasado non se chegara a elas. E bueno, iso quere dicir que a feira foi todo un éxito”.

Por outra banda, o concelleiro de eventos restou importancia á única incidencia que tivo lugar durante a fin de semana, e que foi o peche dunha adega. “Nin sequera merece o nome de incidencia. O que pasou foi que se pechou unha adega o sábado pola mañá porque non reunía as condicións que están estipuladas para participar na Feira do Viño. A policía local achegouse ata a mesma e decatouse de que estaban a vender viño sen etiquetar e que non estaba amparado pola Denominación de Orixe, e iso está prohibido. Nós non permitimos que nos stands haxa ningún viño que non esté amparado polo Consello Regulador, un feito que demostra a calidade da Feira do Viño de Chantada, e por ese motivo procedeuse ao seu peche”, explicou.

En canto ao resto, tanto a Feira do Viño, na que finalmente participaron 13 adegas sen contar a que se pechou, como o concurso de gando frisón e a concentración de autocaravanas, desenvolvéronse con normalidade e con grande éxito de participación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Barreiro aposta en Monforte por un “pleno” do PP nos 9 concellos do sur de Lugo

Seguinte Nova

Ata o día 22 para solicitar praza nos campamentos de Verán da Xunta

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: