UGT Lemos reúnese cos candidatos á alcaldía para presentar medidas contra o desemprego

Ante a proximidade das eleccións municipais, o sindicato UGT-Lemos ven de iniciar unha ronda de conversas cos distintos candidatos á alcaldía de Monforte. A primeira delas tivo lugar coa candidata popular Julia Rodríguez, nunha xuntanza á que tamén asistiron Manuel Eiriz, secretario xeral do PP de Monforte, Dámaso López, presidente do PP monfortino e deputado autonómico, e o secretario xeral de UGT-Lemos, Mario Docasar, xunto co secretario de acción sindical, José Luis Casar.

Para o sindicato, os datos do paro na zona sur de Lugo son “máis que preocupantes”, por iso a súa reivindicación vai encamiñada á creación dun plan de emprego. A iniciativa do sindicato, segundo explicaron, pasa por un catálogo de propostas para reducir, nos próximos catro anos, a tasa de paro nun 9 %. E entre os puntos que inclúe dita iniciativa atópanse algúns como acelerar as inversións do porto seco, impulsar o regadío, solicitar un obradoiro de emprego a través dos plans de cooperación, crear un plan que impulse o turismo na Ribeira Sacra, solicitar á Xunta a construción dunha nova residencia da terceira idade e tamén impulsar a creación dunha nova gardería. Pero a maiores, dende UGT-Lemos tamén apostaron por outras iniciativas, como un plan de rehabilitación de vivenda para impulsar o emprego no sector da construción, ou un plan de apoio ao pequeno comercio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas monfortinos advirten sobre a Lei de Augas

Seguinte Nova

O titular de Medio Rural presidiu a constitución do Consello de Zona en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: