Comparsas e carrozas para o entroido sarriano

• O próximo domingo día 6 de marzo, o concello de Sarria acollerá un ano máis o desfile de carrozas e comparsas con motivo do entroido. A saída terá lugar do barrio da Estación ás cinco e media da tarde, percorrendo posteriormente as rúas Calvo Sotelo, Diego Pazos, Benigno Quiroga e Curros Enríquez, para acabar no Chanto. Unha vez rematado o desfile, os premios entregaranse no pavillón polideportivo José Mario González. Pola súa parte, o xurado valorará a orixinalidade dos disfraces, así como a posta en escea e a simpatía e a gracia dos participantes. As categorías nas que se poden participar son carrozas para adultos, comparsas para adultos, carrozas para infantís e comparsas para infantís. É preciso destacar que poderán participar na modalidade de infantil todos os grupos formados íntegramente por menores de 15 anos, ou polo menos que un 75 % dos seus membros sexan menores desta idade. Os premios van dende os 100 euros o máis baixo ata os 400 euros o máis alto. Ademais, o venres día 4 celebrarase unha reunión na casa do Concello as sete e media da tarde para aclarar dúbidas e precisar o lugar que cada quen ocupará no desfile. Coa finalidade de que a participación sexa importante, dende o Concello tamén se darán axudas económicas. Todo aquel que desexe máis información poderá solicitala na Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello, e no teléfono 982 53 50 00.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria celebrou a III Festa do Cocido de porco celta

Seguinte Nova

“¿Qué sienten los enfermos bipolares? Sienten más”

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: