Novas piscinas para Chantada

Aspecto actual da zona en obras do arranxo das piscinas municipais

•O Concello de Chantada xa comezou coas obras de renovación das piscinas municipais. Segundo indicou o tenente alcalde, Ildefonso Piñeiro, trátase dunha renovación “absoluta e total” das instalacións porque non contan con base de cimentación. “Ante isto, o que fixemos foi suspender este servizo, e facer unha base de cimentación boa. Rompéronse e quitáronse as piscinas e agora hai que botar a base, unha base sólida e boa para non ter máis problemas no futuro”. O proxecto contempla a construcción dunha nova piscina, e tamén a adaptación do que son as piscinas infantís á normativa sanitaria. “Isto tamén nos obriga a facer unha piscina única de medio metro, algo que nos vai facilitar moitas cousas porque, a parte de ser unha piscina infantil, vai servir para que as persoas maiores podan realizar exercizos de rehabilitación na mesma”, sinalou Piñeiro. “E despois, van reformarse todos os xardíns e tamén o peche, e vaise facer unha extracción de bombeo, e tamén un novo sistema de filtración”. A renovación destas infraestruturas deportivas constitúe un proxecto financiado con cargo ao canon, e que ronda os 325.000 euros. A concesión correspondeulle a unha empresa de Chantada, e segundo comentaron os técnicos, prevese que as novas piscinas estén listas para o próximo verán, xa que segundo as bases da concesión, o prazo de execución das obras é de catro meses

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Feijóo e Barreiro presentan en Chantada aos candidatos do PP na comarca

Seguinte Nova

Besteiro supervisa as obras de acceso ao polígono do Reboredo

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: