Crónica del sur de Lugo

Tag archive

SOBER - page 57

Delegación alemana visita unha adega da Ribeira Sacra

Unha representación de importadores alemáns acompañados polo xornalista especializado en viños españois, Jürgen Mathäß, visitaron fai uns días as instalacións de Bodegas Regina Viarum, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, dentro dunha actividade organizada polo Centro de Promoción de Negocios do Igape en Alemaña. Jürgen Mathäß xa visitara dita adega en xuño pasado, cando destacou… Leer más

Encontro comarcal do BNG

O consello comarcal do BNG na zona sur de Lugo celebrou un encontro coa militancia o pasado 12 de marzo, no que interviron os candidatos á alcaldía dos concellos de A Pobra do Brollón, Monforte e Chantada. Segundo explicaron, os obxectivos a acadar nas vindeiras eleccións son os de repetir mandato en Brollón e Monforte,… Leer más

Axudas para os viñedos: Reestructuración e reconversión da viña

O Diario Oficial de Galicia publicou a mediados do mes de marzo unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan para este ano 2011 as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Estas axudas teñen como obxectivo aumentar a competitividade dos viticultores, por medio da reconversión varietal, a… Leer más

Apoio ao soterramento das infraestruturas eléctricas

•Os concellos poderán optar ás axudas de 3,3 millóns de euros que a Xunta promove para este tipo de intervencións •Busca loitar contra o feísmo e a chamada contaminación eléctrica nas vilas 2,3 millóns de euros será o importe inicial da achega orzamentaria que a Consellería de Economía e Industria está a destinar para apoiar… Leer más

Entrega de diplomas en Rosende

Os alumnos do curso Cociña (HOTR0408) incluído noPlan AFD (Programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia) impartido na Escola de Hostalería e Turismo Belarmino Fernández Iglesias de Rosende recolleron nos pasados días os diplomas de acreditación desta actividade formativa. Durante o evento, presidido polo director da Escola, D.… Leer más

O sector do viño, a debate en Sober

A agrupación Novas Xeracións do Partido Popular de Lugo celebrou recentemente en Sober unha mesa redonda sobre o Presente e Futuro do Sector Vitivinícola, na que expertos e responsables da Administración autonómica analizaron a situación actual e as perspectivas de futuro da producción de viño na provincia. Na xornada, á que deu inicio o candidato… Leer más

Inauguración da remodelada rúa Progreso en Sober •As obras beneficiáronse do plan de axudas Agora Re-comercia

O pasado 24 de marzo tivo lugar a inauguración da remodelada rúa Progreso de Sober, logo do remate das obras que supuxeron unha reurbanización completa desta rúa, unha das principais vías da capitalidade soberina. A actuación realizada contemplou unha ampliación das beirarrúas, o acondicionamento de zonas verdes e a conexión de nova iluminación. Asimesmo, a… Leer más

Sober mellora as súas fontes públicas

O arranxo e acondicionamento de fontes e manantiais é unha demanda constante por parte dos veciños das parroquias do rural soberino. A recuperación destes elementos capta investimentos por parte de diversas administracións, e xa se teñen acondicionado fontes en diversos puntos con cargo ás tarefas do obradoiro de emprego, e tamén dos plans de comunidades… Leer más

Máis de 5.500 parados

Xa son 5.576 os parados que acumulan Monforte, Sarria, Chantada e Quiroga no que respecta ó conxunto destas comarcas cos datos de febreiro na man. O comportamento segue a tendencia xeralizada de aumento e á vista está que os resultados non son nada esperanzadores. Especialmente duras son as cifras na Terra de Lemos, onde se… Leer más

Ir a Inicio