Crónica del sur de Lugo

Tag archive

MONFORTE - page 1

Feijóo e De la Serna presentaron a nova conexión ferroviaria Lugo-Ourense

•O presidente da Xunta acompañou ao Ministro de Fomento na viaxe entre Sarria e Lugo Máis de 1.000 millóns de euros é a cifra comprometida polo Goberno central para a conexión ferroviaria Lugo-Ourense coa alta velocidade. A presentación da folla de ruta desta infraestrutura tivo lugar na subdelegación do Goberno en Lugo, o pasado 7… Leer más

O IES Daviña Rey, na xornada educativa StemLab Galicia

Un grupo de alumnos e alumnas de 1º Bacharelato das materias optativas Tecnoloxía e Deseño, e Impresión 3D, participaron na xornada educativa StemLab Galicia, celebrada no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago o 20 de abril. O IES DAVIÑA, UN DOS CENTROS QUE APOSTA POLA CIENCIA E A METODOLOXÍA COMPETENCIAL Esta iniciativa,… Leer más

O monfortino Manuel Hernández, subcampión galego absoluto de golf

•O xogador do Club Río Cabe sumou un novo éxito ao seu palmarés •Hernández foi campión absoluto de Galicia en 2014 e 2017 O xogador monfortino Manuel Hernández González, do Club Río Cabe, vén de proclamarse subcampión galego absoluto, na proba desenvolvida no Real Club de Golf de A Coruña do 20 ao 22 de… Leer más

18 medallas para os do Neka no campionato provincial escolar en Taboada

•O vindeiro 6 de maio, Monforte de Lemos acollerá a celebración do campionato galego de taekwondo O club Neka vén de engadir un novo lote de medallas desta tempada, esta vez no Campionato Provincial de Taekwondo en idade escolar nas modalidades de técnica e freestyle. A proba, que se celebrou en Taboada o pasado 22… Leer más

O Concello de Monforte estará a débeda cero antes dun ano

•O alcalde anunciou que o exercicio do 2017 pechou cun superávit de case 2,2 millóns de euros O Concello de Monforte está a pasar por un estado de bonanza económica, segundo os datos aportados polo alcalde, José Tomé. O rexedor local, acompañado pola concelleira de Facenda, Gloria Prada, anunciou que o Consistorio rematará o mandato… Leer más

Recepción oficial no Concello de Monforte á atleta Saleta Fernández

O pasado 30 de marzo, tivo lugar no Concello de Monforte a recepción oficial á atleta Saleta Fernández, con motivo da súa proclamación como campiona de España de salto de altura. No acto, presidido polo alcalde de Monforte, José Tomé, estiveron presentes varios membros da Corporación local, así como familiares e achegados da deportista monfortina.… Leer más

Proxección internacional para o taekwondo monfortino

•Alejandro Fernández, do Escola Lucense, representará a España na modalidade cadete no Campionato do Mundo de Taipei •Pola súa traxectoria, Alex Camba e Elena Varela, do Neka, participarán este mes no Campionato do Mundo de Taekwondo Praia en Grecia O taekwondo segue a sumar alegrías para a cidade do Cabe, que vai contar con presenza… Leer más

Monforte acollerá o 29 de abril o Campionato Galego de Voleibol cadete feminino

•A Federación outorgou a máxima valoración á proposta presentada polo CV Ribeira Sacra Monforte volverá a protagonizar a actualidade deportiva a nivel autonómico. O domingo 29 de abril, o Pavillón Municipal de A Pinguela acollerá o Campionato Galego de Voleibol cadete feminino, no que será anfitrión o Club Voleibol Ribeira Sacra. Dende o club monfortino… Leer más

Arranca a terceira edición do Espazo Coworking de Monforte, para impulsar 22 novos proxectos empresariais

•A aceleradora de empresas da Consellería de Economía conta coa colaboración da Escola de Organización Industrial e o Concello de Monforte Un total de 22 emprendedores iniciaron en Monforte a súa andadura formativa, dentro da terceira edición do Espazo Coworking. Dende o 10 de abril, e durante cinco meses, os participantes recibirán formación e asesoramento,… Leer más

Ir a Inicio