Crónica del sur de Lugo

Tag archive

CHANTADA - page 69

O Concello de Chantada pechará a oficina de rehabilitación a finais de ano

O Concello de Chantada pechará a súa oficina de rehabilitación a partir do vindeiro 31 de decembro, pasando así a asumirse ditos servizos dende as oficinas municipais. Unha decisión criticada por parte do Partido Popular chantadino, xa que aseguraron que o alcalde renunciou a unha subvención que xa tiña aprobada o Concello por parte da… Leer más

Monforte e Sarria beneficiaranse do fondo extraordinario de obra pública provincial con cadanseu millón de euros

Os concellos de Monforte e Sarria beneficiaranse do chamado Plan Complementario dotado con 9,5 millóns de euros e que está destinado aos nove municipios máis poboados da provincia ou que funcionan como motores comarcais. Estes municipios, que engloban a máis da metade dos habitantes da provincia, ao mesmo tempo quedaran excluídos doutros convenios provinciais como… Leer más

Lugo, a provincia na que máis creceu o número de turistas durante o 2010

Iniciativas enmarcadas no ecoturismo tales como o Galaico Expreso, o tren que o organismo provincial ofreceu como alternativa ós catamaráns ante o baleirado do Sil que levou a cabo Iberdrola,  fixeron que a Ribeira Sacra pasara dos 1.500 visitantes durante 2009 aos 20.000 deste ano. Esta valoración despréndese da presentación dos datos de turismo a… Leer más

A Ribeira Sacra, promocionada dentro e fóra

O pasado día 21 de novembro, o Consorcio Turístico da Ribeira Sacra organizou a I Marcha Sendeirista Ambulare, cun percorrido de 25 kilómetros deseñado con avituallamento ó longo da ruta, servizo de transporte ida e volta e agasallo dunha camiseta-recordo. Esta iniciativa contou coa colaboración de Turini e Intersport-Bouso. Asimesmo, o Consorcio levou a Ribeira… Leer más

A Deputación manterá as estratexias de cooperación, pese ao adelgazamento orzamentario

A situación económica dos concellos levou á Deputación a adiantar un mes a aprobación dos orzamentos para 2011, que foron aprobados este martes no Pleno provincial. A conta ascende a 92.112.201 euros e auméntase nas partidas destinadas aos servizos destinados aos concellos, centrándose na cooperación coas administracións locais. Despois de cobrar o canon, algúns Concellos… Leer más

As Almas do Fental, noutro Festival Internacional

As Almas do fental de David Vázquez Todo son éxitos para a a curtametraxe As Almas do Fental, dirixida polo chantadino David Vázquez, xa que despois de ser preseleccionada para os Mestre Mateo ou quedar finalista noutros certames nacionais e internacionais, acaba de ser seleccionada para o Festival de Cine Social y Antisocial de La… Leer más

Feijóo destaca a tarefa de implantación de internet na Galicia interior

Durante a visita ás instalacións dunha explotación gandeira no Concello de Taboada, Feijóo afirmou que a Xunta -cun investimento de 100 millóns de euros- traballará para cumprir o obxectivo da Axenda Dixital 2014. “Imos a seguir levando internet onde non existe; a conquerir que o 100% das explotacións gandeiras, dos colexios públicos, das empresas, dos… Leer más

1 67 68 69
Ir a Inicio