Crónica del sur de Lugo

Tag archive

CHANTADA - page 2

Raquel López Arias, de novo candidata do PSOE á alcaldía de Chantada

Os Socialistas de Chantada votaron por unanimidade, na asamblea extraordinaria de militantes do 26 de novembro, confiar de novo a Raquel López Arias como cabeza de lista nas municipais de Chantada. COMPROMISO PARA “REVITALIZAR CHANTADA” A licenciada en Filoloxía Inglesa e profesora de instituto, única candidata na asamblea, afirmou que os Socialistas de Chantada “somos… Leer más

En marcha 5 obradoiros de emprego da Xunta na zona sur

• As accións dan emprego a 120 persoas en 14 concellos A Xunta vén de investir 1,5 millóns de euros nos cinco obradoiros de emprego que arrancaron este mes no sur de Lugo. A iniciativa dá ocupación a 120 persoas, nun ámbito de 14 municipios. Da totalidade dos contratos, cunha duración de 9 meses, 100… Leer más

Dúas granxas do sur de Lugo, entre as galardoadas nos Premios Exceleite 2018

• A explotación de María Sira González, en Sarria, e a granxa chantadina de Concepción Torres integraron a lista dos 20 gañadores A segunda edición dos Premios Exceleite, convocados pola Consellería do Medio Rural, vén de recoñecer a excelencia hixiénico-sanitaria de 20 explotacións leiteiras de leite cru de vaca de Galicia, dúas delas situadas no… Leer más

Denuncian que Sanidade “discrimina” ao sur de Lugo no servizo de Fisioterapia, con listas de espera en Chantada de preto de dous anos

O sindicado CIG-Saúde vén de denunciar a “discriminación” do sur de Lugo nos servizos de fisioterapia para Atención Primaria, que está a xerar no Centro de Saúde de Chantada listas de espera de preto de dous anos para pacientes crónicos. Dende a formación sindical critican a “non potenciación” da fisioterapia nos centros de saúde, xa… Leer más

A ocupación na Ribeira Sacra medrou 3 puntos nesta Ponte do Pilar

A Ribeira Sacra acadou unha ocupación hoteleira do 95% na recente Ponte do Pilar, o que implica un aumento de tres puntos respecto ao mesmo periodo de 2017. Segundo os datos presentados polo Consorcio de Turismo, os hoteis de 4 e 3 estrelas rexistraon unha ocupación do 94%, mentres que o turismo rural tivo un… Leer más

Ir a Inicio