O Goberno da Deputación achega 93.430 euros a melloras en vías do sur da provincia

•A mediados de maio estará completada a rehabilitación do pavimento da LU-P-4109 entre Ferreira e Goián, realizada pola empresa ACOVAL Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A.

Os traballos de rehabilitación superficial do firme na LU-P-4109 entre Ferreira e Goián estiveron a cargo da empresa ACOVAL Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A., no proxecto aprobado no Plan de Obras e Servizos (POS) 2016 da Deputación de Lugo. EC
• A mediados de maio, está previsto que quede completada no sur de Lugo unha das obras provinciais incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) 2016, que financia a Deputación de Lugo. O proxecto de rehabilitación superficial do firme da LU-P-4109 entre Ferreira e Goián, no municipio de Pantón, estivo a cargo da empresa ACOVAL Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A., que presentou a oferta máis vantaxosa entre as 14 que concorreron á convocatoria sobre un orzamento base de licitación de 127.900 euros. A obra, que foi finalmente adxudicada por 93.430,96 euros, comezou o 3 de abril, e está previsto que remate o 15 de maio.
CERTIFICACIÓNS TÉCNICAS DE CALIDADE
A empresa ACOVAL Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A., con sede na localidade ourensá de O Barco de Valdeorras e constituída no ano 1980, inclúe na súa actividade as obras lineais en estradas, pontes, viaductos e grandes estructuras, así como todo tipo de obra civil. Segundo se especifica na súa información corporativa, ACOVAL Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A. conta cun sistema integrado según as normas de Calidade UNE-EN  ISO 9001, Medio Ambiente UNE-EN ISO 14001 e Seguridade e Saúde OHSAS 18001, certificados por AENOR cos números ER-1144/2002, GA-2002/0276 e SST-0256/2012, co obxectivo de garantir a satisfacción das expectativas dos seus clientes nas obras que realiza.

• COMPROMISO SOCIAL DA EMPRESA

• ACOVAL conta cun proxecto de Responsabilidade Social Empresarial (RSE), co fin de integrar os seus obxectivos económicos cunha política activa de cara ao desenvolvemento sostible, a xestión ética dos negocios, e a acción social. Segundo se especifica no documento RSE, esta responsabilidade social ten como eixo central “o desenvolvemento integral das persoas, no aspecto profesional e no persoal”.
Nesta liña de mellora e de compromiso social, ACOVAL Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A. está a elaborar un Plan de Igualdade para seguir avanzando no cumplimento do principio de igualdade efectiva de oportunidades, como se explica na web oficial da compañía. Aínda que, segundo a lexislación vixente, as empresas de menos de 250 traballadores non teñen obriga de contar con dito Plan, ACOVAL amosa o seu compromiso coa sociedade a través desta iniciativa, para adaptarse ás novas correntes sociais e mellorar as condicións da vida laboral dos seus traballadores.•

OBRAS SEN INCIDENCIAS SOBRE O TRÁFICO
O proxecto de rehabilitación superficial do firme da estrada LU-P-4109 desenvolveuse no tramo que vai dende Ferreira ata Goián, cunha lonxitude total de 2.090 metros. A estrada provincial discorre entre núcleos poboacionais e espazos agrícolas, boa parte deles adicados á viticultura. Durante as obras, o tráfico veciñal non se viu interrompido, xa que a empresa adxudicataria dos traballos propuxo aos usuarios da vía diversos desvíos para chegar aos seus destinos, segundo explicou Borja Antonio Rodríguez Fernández, enxeñeiro de camiños e xefe de obra no departamento técnico de ACOVAL. “O extendido da capa de rodadura realizouse en todo o ancho da plataforma dunha soa vez, por tanto foi necesario cortar o acceso total nos tramos executados durante varias horas”, sinalou Rodríguez, aínda que “non se observaron incidencias maiores” no tráfico “grazas á existencia de múltiples desvíos”.
As características da estrada, cun ancho que oscila entre os 4,5 e os 6,3 metros, e cun trazado no que abundan os muros delimitadores de fincas, non afectaron “significativamente” ao ritmo de execución dos traballos, “simplemente obrigou ao palista a ter un pouco máis de coidado”, precisou Borja Rodríguez.

 

A empresa ACOVAL empregou un equipo humano de once profesionais, dotados con preto dunha ducia de máquinas específicas, para os traballos na LU-P-4109. EC
SEN INCIDENCIAS NAS REDES DE ABASTECEMENTO E CABLEADO
En canto ás canalizacións, non se produciron afeccións cos servizos existentes de abastecemento nin cableado subterráneo ou aéreo. “A rede de abastecemento discorre pola cunete da marxe dereita a unha profundidade suficiente para non influir nas actividades de reapertura e perfilado das cunetas”, salientou o xefe de obra de ACOVAL, quen apuntou que foi preciso o levantamento de 10 pozos de rexistro e 9 sumidoiros presentes na traza da obra, “que houbo que acondicionar para adaptalos á nova cota da rasante da estrada”.
SOLUCIÓN Á RODADURA IRREGULAR
Antes do comezo das obras, a estrada LU-P-4109 presentaba un grao de deterioro que afectaba ao firme, xa que “non tiña unha capa de rodadura regular e uniforme, atopándose zonas con bacheos, rodeiras e gabias”, segundo describiu Rodríguez. Para a rehabilitación do firme, ACOVAL despregou un equipo técnico integrado por un total de 10 operarios, coordinados polo xefe de obra, Borja Rodríguez, e asistidos por un equipamento mecánico de 11 unidades específicas para cada unha das fases do traballo.

 

Os traballos na LU-P-4109 esixiron realizar numerosos entronques no aglomerado da estrada provincial. EC
LIMPEZA E PREPARACIÓN DO FIRME
As tarefas iniciáronse a comezos do mes de abril, co desbroce e limpeza de cunetas cunha máquina retroexcavadora, con varios tipos de cazos “que facilitan enormemente o traballo”, explicou Rodríguez, ademais dunha minipala con implemento de varredora. Esta fase completouse coa utilización de dous camións de obra “para a retirada de restos de terra vexetal ao vertedoiro”. Nas tarefas participaron dous palistas, dous choferes e un encargado, que tamén tivo funcións de señalista.
Unha vez completada a limpeza do vial, procedeuse a preparar o firme, coa aplicación dun rego de adherencia en todo o ancho da plataforma, empregando un camión bituminador que descargou 5,8 toneladas de emulsión ECR-1.

 

Varios núcleos poboacionais están enlazados pola LU-P-4109, ademais de servir de paso cara ás fincas agrícolas da contorna. EC
OITO OPERARIOS TRABALLARON SIMULTANEAMENTE NO EXTENDIDO
Na fase de extendido, participaron simultaneamente oito operarios, que empregaron un equipo de asfaltado composto por unha extendedora, un rodillo tándem, unha compactadora e un rodillo mixto. En total, extendéronse 1.690 toneladas de mezcla bituminosa en quente tipo AC16 surf 50/70 D (D-12).
O xefe de obra de ACOVAL destacou os “numerosos entronques realizados no aglomerado”, como no caso da praza situada no punto quilométrico 0+665 na marxe dereita.
Para dar por rematada esta fase, dous oficiais realizaron as actividades de levantamento de pozos e sumidoiros, para adaptalos á nova cota da estrada.
Por último, o traballo de pintado das marcas viais reflexivas foi encargada a unha empresa de sinalización horizontal subcontratada por ACOVAL, segundo explicou Borja Rodríguez.

 

A estrada LU-P-4109 parte dende Ferreira, capitalidade do municipio de Pantón, ata Goián, dando acceso a varios núcleos poboacionais. EC
CONTROL DE CALIDADE DOS MATERIAIS
Todo o proceso estivo baixo a coordinación e supervisión do xefe de obra de ACOVAL, complementado cos controis de calidade a cargo da empresa Inveco. “Este foi o laboratorio que realizou a toma de mostras das misturas bituminosas para a súa posterior análise”, precisou Borja Rodríguez, que explicou que este control esixe ata seis determinacións técnicas segundo unha normativa específica, que inclúen a medición da temperatura, a análise granulométrica dos áridos, ou o rexistro da densidade, entre outros parámetros.

 

A estrada LU-P-4109 dá acceso a importantes puntos de referencia para os veciños, como a igrexa parroquial ou o cemiterio. EC
ESTRADA DE ACCESO A NÚCLEOS VECIÑAIS E RECURSOS TURÍSTICOS
A estrada LU-P-4109 sirve de acceso a varios núcleos poboacionais situados entre a capitalidade do municipio de Pantón e Goián. Ademais de supoñer o camiño principal que dá paso ao cemiterio, este vial conduce a espazos de interese patrimonial dentro da parroquia de Santa María de Ferreira, e permite chegar a restaurantes e casas de turismo rural da contorna.•

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*