ÉXITO DO TRADUCTOR ONLINE GAIO

•1,3 millóns de consultas en 5 meses, con máis de 78 millóns de palabras traducidas. Ese é o balance do exitoso arranque do servizo de tradución on line GAIO, posto en marcha pola Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta.

Este servizo, antes de uso interno nos departamentos autonómicos, está dispoñible á cidadanía dende hai cinco meses no enlace http://tradutorgaio.xunta.gal.

TRADUCE A VARIOS IDIOMAS

O servizo ofrece tradución directa e inversa de textos e webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés ou catalán.

Tamén inclúe unha personalización de máis de 16.000 termos entre topónimos galegos, terminoloxía específica da administración, nomenclatura vinculada ás corporacións de todos os Concellos, Consellerías e outras administracións.•

APP DA AXENDA CULTURAL DA XUNTA

•Máis de 1.000 descargas en tres meses é o balance da app da Axenda de Cultura que a Xunta puxo en marcha o pasado mes de novembro. Esta axenda, en galego e castelán, está dispoñible para dispositivos con sistema IOS e Android.

A través desta app, pódese consultar de xeito rápido e sinxelo os eventos culturais da axenda do portal cultura.gal, clasificados por data, lugar, tipoloxía e proximidade xeográfica. Ademais, cada evento está xeolocalizado para facilitar a información sobre os accesos.

Esta aplicación é a número 19 das vinte que ten en marcha a Xunta de Galicia. Outras apps son Mobem -para demandantes de emprego-, Carné Xove -para a mocidade-, Meteogalicia e MeteoRoute -sobre a previsión do tempo-. O turismo conta con varias aplicacións, como son Enoturismo ou Sendegal. Todas poden descargarse en http://www.xunta.es/aplicacions-mobiles.•

MÁIS DE 62.000 FAMILIAS PODERÁN SEGUIR A ACTIVIDADE ACADÉMICA DOS FILLOS DENDE O MÓBIL OU TABLET

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de ampliar a aplicación Abalarmóbil a un total de 62.000 familias máis do alumnado matriculado en 150 centros públicos de Galicia, dos que 27 pertencen á provincia de Lugo. Os pais e as nais que descarguen a aplicación poderán consultar desde o seu dispositivo móbil as cualificacións dos seus fillos, solicitar unha cita de titoría, consultar e xustificar as faltas de asistencia, visualizar as faltas de conduta, os horarios e as materias; acceder ás incidencias creadas polo profesorado e aos avisos ou notificacións dos docentes ou do centro educativo, e modificar o idioma da aplicación. A aplicación pode descargarse nos markets Apple Store, se o sistema operativo é IOS, ou dende Play Store, se o sistema operativo é Android. O vindeiro curso, a Consellería ten previsto aumentar o alcance desta aplicación ao resto dos centros educativos paulatinamente.•

 

A PRIMEIRA ESTRATEXIA TIC DA XUNTA MOBILIZOU 1.275 MILLÓNS DE EUROS EN SEIS ANOS

A Axenda Dixital de Galicia 2014.gal presentou o seu primeiro informe. (Foto: AMTEGA).
A Axenda Dixital de Galicia 2014.gal presentou o seu primeiro informe. (Foto: AMTEGA).

Según o Balance da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, preto do 50% dos trámites coa Xunta se poden realizar online, informatizáronse as 500 oficinas de Rexistro e este ano entrará en funcionamento o Arquivo Dixital Integrado da Administración. Ademais, máis de 51.000 alumnos estudan en aulas dixitais grazas ao Proxecto Abalar. Os proxectos H2050 e InnovaSaúde permiten evolucionar cara unha sanidade totalmente dixital, integrada na contorna e no fogar do paciente. En canto aos sectores produtivos, puxéronse en marcha os programas Plan Smart Turismo, o Sistema de Axuda á Explotación da Mobilidade de Galicia ou o proxecto europeo STAMAR. Asinouse o Pacto Tecnolóxico Dixital con 12 grandes empresas do sector TIC e o Clúster TIC galego para cooperar no desenvolvemento dixital de Galicia durante o período 2013 –2020. Ademais, grazas ao Plan de Banda Larga dispoñen de acceso a internet 740.000 habitantes máis que hai catro anos, e 1,4 millóns de galegos poden acceder a redes de nova xeración de ata 200 Mbps. (Foto: AMTEGA).•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*