• O COLECTIVO LEMOS LE CELEBRA O DÍA DA BIBLIOTECA CUNHA XUNTANZA

A xa tradicional cea de confraternidade que organiza este colectivo terá lugar o sábado 21 de outubro na Pousada Torre Vilariño, no Saviñao. Durante a celebración, entregaranse os premios correspondentes ao IV Certame de Divulgación Mulleres de Lemos, adicado á farmacéutica Balbina López Somoza. A cea servirá para convocar oficialmente a quinta edición deste certame.
Con carácter previo á cea, Lemos Le organizou o mesmo sábado un roteiro biográfico sobre a figura de Balbina López Somoza. A comitiva partirá da Biblioteca Pública Municipal de Escairón ás sete e media da tarde.
Dende o colectivo Lemos Le expresaron o seu agradecemento ao CIM de Monforte por organizar obradoiros en torno á figura de Balbina, e encargarse de xestionar a recopilación dos traballos feitos polos escolares durante estas actividades. Así mesmo, a organización agradeceu ao escritor soberino Ramón Sandoval o texto elaborado para celebrar esta edición do Día Internacional da Biblioteca. •

PREMIO PARA O IES A PINGUELA POLO DESEÑO DUN ROBOT PARA REPARTIR APERITIVOS

•O centro monfortino foi galardoado na categoría junior dos Desafíos STEM de Educación

O proxecto do IES A Pinguela premiado por Educación, e que consiste nun repartidor de aperitivos automatizado, foi elaborado polo alumnado de 1º e 2º ESO, dirixido polo profesor Iván García García. (Foto cedida)
• O IES A Pinguela de Monforte comeza o curso cun novo recoñecemento ao seu esforzo en prol da innovación educativa.
TRABALLO DO ALUMNADO DE 1º E 2º ESO
A Consellería de Educación vén de conceder ao centro monfortino o premio Desafío Robots na categoría junior, dentro da convocatoria Desafíos STEM. O proxecto galardoado é o resultado do traballo feito polo alumnado de 1º e 2º ESO, baixo a dirección do seu profesor da asignatura de Programación, Iván García García.
Estes premios recoñecen a labor de innovación no ensino das disciplinas de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, cuxas iniciais en inglés dan nome á convocatoria Desafíos STEM.
Dende a dirección do IES A Pinguela felicitaron ao alumnado e ao profesor de Programación pola “imaxinación e talento” demostrado na posta en marcha deste proxecto. •

•Educación leva a Primaria o ensino de Robótica para máis de 10.000 alumnos en 108 centros de Galicia 

• A comezos deste mes, a Consellería de Educación publicou a resolución provisional da convocatoria do novo programa de innovación educativa, co que a Robótica entra na Educación Primaria.
PARA 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA
Segundo informaron dende Educación, serán máis de 10.000 alumnos de 108 centros de Galicia os que poderán traballar con kits de robótica neste curso. A finalidade desta medida é adiantar a introdución dos escolares na programación básica, robótica e construción.
Esta especialidade impartirase nos cursos 4º, 5º e 6º de Primaria, baixo a modalidade que estime cada centro. Isto significa que Robótica poderá cursarse como materia de libre configuración do centro dentro das transversais, ou a través dos programas de innovación educativa que promove a Consellería, ou tamén en obradoiros fóra do horario lectivo.
LOTE DIDÁCTICO PARA TRABALLAR NAS AULAS
Na provincia de Lugo, serán 10 os centros educativos que participarán nesta iniciativa, nos concellos de Barreiros, Foz, Guntín, Lugo, Meira, As Nogais e Viveiro.
A Xunta entregará aos centros un lote de materiais, que inclúen seis robots de uso didáctico adaptados ás idades do alumnado, ademais doutros tantos kits de construción para realizar un mínimo de cinco proxectos. O material complétase cun manual de uso e unha guía didáctica.•

• RESOLTAS AS SUBVENCIÓNS DA XUNTA ÁS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA

A Consellería de Cultura resolveu as axudas a este tipo de centros, que no sur de Lugo beneficiarán ás Escolas Municipais dos Concellos de Monforte de Lemos, Sarria, A Pobra do Brollón e Sober. A Escola de Música de Monforte recibirá 5.658,54 euros, a de Brollón 2.854,64, a de Sarria 5.220,96 e a de Sober 3.309,32 euros.•

O COLEXIO NOVO DE MONFORTE, NA ENGLISH WEEK DOS PEARES

•  O CEIP Monforte de Lemos é un dos seis centros lucenses que participa na English Week, un programa que organiza a Xunta de Galicia no centro de inmersión lingüística dos Peares. O programa, financiado pola Consellería de Educación, organízase en sete quendas dunha semana de duración ata o 25 de novembro. A actividade está dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e dos catro cursos da ESO.
Ademais dos 6 centros de Lugo, participan 19 da Coruña, 11 de Pontevedra e 5 de Ourense.•

CHARLA NO IES XOGRAR AFONSO SOBRE SEGURIDADE EN INTERNET

•  O IES Xograr Afonso de Sarria vén de organizar este mes unha charla sobre os riscos de internet para a mocidade. A charla, a cargo do formador da Garda Civil de Lugo Ramón Peña, estivo destinada a pais, nais e titores do alumnado dos centros educativos de Sarria. A actividade forma parte do Plan Director para a Convivencia e a Seguridade nos Centros Educativos.•

RECOÑECEMENTO AO TRABALLO EN HÁBITOS SAUDABLES DO IES DAVIÑA REY DE MONFORTE

•O blog Xente con Vida, da Consellería de Sanidade, divulga o proxecto “Comacinco” sobre alimentación saudable elaborado no centro o curso pasado

O proxecto Comacinco está recollido nun blog do IES Daviña Rey, onde se poden atopar indicacións para unha alimentación saudable, así como diversas ferramentas divulgativas en torno a este tema. EC
Para fixar o aprendido no proxecto Comacinco, alumnado do instituto visitou este mes a exposición itinerante “Vida saudable”, que Gadis está a levar por diversas vilas galegas. (Foto cedida).

• O traballo do IES Daviña Rey en torno á sensibilización sobre hábitos saudables foi recollido este mes no blog Xente con Vida, que publica a Consellería de Sanidade como unha ferramenta de divulgación para mellorar a calidade de vida da cidadanía. O proxecto Comacinco, que o instituto desenvolveu o curso pasado, permitiu que o alumnado elaborara materiais sobre a importancia da alimentación saudable, combinada con exercicio físico e tendo en conta o consumo responsable de alimentos.
O proxecto está incluído dentro do Plan Xermola, que Sanidade pon en marcha para a prevención da obesidade infantil, mediante pautas de consumo responsable.
O blog recolle unha entrevista a María Jesús Casado, profesora do IES Daviña Rey, na que explica o proceso de posta en marcha deste proxecto innovador: https://xenteconvida.sergas.gal/blog/Paginas/Articulo/cat/3/art/13/entrevista-a-maria-jesus-casado-barrio-profesora-ies-davina-rey-de-monforte-de-lemos.•

PREMIO AUTONÓMICO DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA A ALUMNA DO IES A PINGUELA NURIA MACEDA CORUJO

De esquerda a dereita, Rosa Mar Díaz Vázquez, profesora que titorizou o traballo da alumna gañadora; Nuria Maceda Corujo, alumna gañadora da medalla de prata na modalidade de Peiteado; Jorge Enrique Acosta López, alumno do IES A Pinguela que competiu na modalidade de Administración de Sistemas en Rede; e Javier Rodríguez Lorenzo, titor do traballo de Jorge Acosta. (Foto cedida).
De esquerda a dereita, Rosa Mar Díaz Vázquez, profesora que titorizou o traballo da alumna gañadora; Nuria Maceda Corujo, alumna gañadora da medalla de prata na modalidade de Peiteado; Jorge Enrique Acosta López, alumno do IES A Pinguela que competiu na modalidade de Administración de Sistemas en Rede; e Javier Rodríguez Lorenzo, titor do traballo de Jorge Acosta. (Foto cedida).

• O IES A Pinguela vén de sumar outro éxito académico. A alumna Nuria Maceda Corujo acadou a medalla de prata na modalidade de Peiteado no IV Campionato Galego de Formación Profesional-Galicia Skills 2016. Neste torneo, organizado en Silleda pola Consellería de Educación, os alumnos deben amosar as habilidades e destrezas adquiridas nos seus estudos. O traballo de Nuria estivo titorizado pola profesora Rosa Mar Díaz Vázquez.
O IES A Pinguela tamén estivo representado por Jorge Enrique Acosta López, estudante de Administración de Sistemas en Rede, titorizado por Javier Rodríguez Lorenzo.
Gañadores e participantes foron felicitados polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nun acto celebrado en Santiago.•

ALUMNADO DO IES RIO CABE AMPLÍA A SÚA FORMACIÓN CON ACTIVIDADES FÓRA DAS AULAS

Alumnado de 4º ESO e 1º BAC durante a visita a un dos centros culturais da Coruña, o pasado 2 de decembro. (Foto cedida).
Alumnado de 4º ESO e 1º BAC durante a visita a un dos centros culturais da Coruña, o pasado 2 de decembro. (Foto cedida).

 

O grupo de alumnos de 2º ESO do IES Río Cabe que participou na visita cultural a Ourense a finais de novembro. (Foto cedida).
O grupo de alumnos de 2º ESO do IES Río Cabe que participou na visita cultural a Ourense a finais de novembro. (Foto cedida).

• O IES Río Cabe de Monforte continúa coa súa axenda formativa fóra das aulas. O 30 de novembro, o alumnado de 4ºESO realizou unha excursión a Ourense, onde asistiron á representación teatral en francés da obra “Le petit prince”, de Antoine de Saint-Exupéry, adaptada pola compañía Eina d’Escola. O grupo visitou ademais dúas exposicións no Centro Cultural Marcos Valcárcel, ademais de aproveitar a xornada para almorzar e realizar compras no Centro Comercial A Ponte Vella.
Para o alumnado de 4ºESO e 1º Bacharelato, a proposta formativa centrouse nunha visita á cidade da Coruña, o pasado 2 de decembro. O grupo asistiu ao concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, que interpretou a famosa peza “O Mesías” de Haendel, no Palacio da Ópera da cidade herculina. Unha espectacular posta en escea a cargo de 370 cantantes, dispostos no patio de butacas, convertiron esta experiencia musical nun acontecemento cultural impactante e participativo.
A visita cultural dos escolares á Coruña completouse no Museo de Belas Artes, e no Museo de Arte Contemporánea.•

O CEIP ELOÍSA RIVADULLA PARTICIPARÁ NA 5ª EDICIÓN DE “RECÍCLATE CON SOGAMA”

• O CEIP Eloísa Rivadulla de Chantada será un dos cinco colexios da provincia de Lugo que participará na quinta edición do programa “Recíclate con Sogama”. Un total de 19 centros de Primaria de toda Galicia tomarán parte nesta iniciativa, integrando a preto de 4.800 alumnos.
BOAS PRÁTICAS DE RECICLAXE DENDE A ESCOLA
Segundo explicaron os responsables deste programa, desenvolvido a través do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, Sogama pretende instaurar a recollida selectiva nos colexios, e inculcar nas novas xeracións as boas práticas ambientais, para garantir unha xestión máis sostible dos residuos.
Pontevedra é a provincia que conta con máis colexios adheridos ao programa, cun total de 7, seguida por Lugo, con 5. Ourense presenta 4 centros, e A Coruña 3. Cada centro desenvolverá o seu propio proxecto de xestión de residuos, contando en todo momento co apoio e asesoramento de Sogama.
SOGAMA ENTREGA TODO O MATERIAL NECESARIO A CADA CENTRO
A empresa pública ofrece a cada colexio un total de 3 contedores de 120 litros de capacidade, diferenciados pola cor para separar o lixo en cada un deles. Se os colexios teñen servizo de comedor, ou manteñen unha horta ou xardín, tamén recibirán un composteiro co que xerar abono natural de calidade a partir dos restos orgánicos.
Para que a separación dos residuos sexa a correcta, Sogama elaborou un plan didáctico a través de carteis, folletos, presentacións e unidades didácticas a disposición de alumnos e profesores, ademais de visitas aos centros de educadores ambientais. O programa complétase cunha visita ao complexo medioambiental de Cerceda.•

PAIS E NAIS DA ANPA DO IES A PINGUELA VISITARON O PLANETARIO

A visita dos pais e nais da ANPA do IES A Pinguela ao planetario estivo guiada polo ex profesor Matías Vázquez, promotor e impulsor destas instalacións divulgativas. (Foto cedida).
A visita dos pais e nais da ANPA do IES A Pinguela ao planetario estivo guiada polo ex profesor Matías Vázquez, promotor e impulsor destas instalacións divulgativas. (Foto cedida).

•A comezos deste mes, un grupo de pais e nais da ANPA do IES A Pinguela disfrutou dunha visita guiada ao Planetario deste centro educativo. A viaxe ás estrelas contou coa experimentada guía de Matías Vázquez, ex profesor do instituto e alma mater do Planetario. Vázquez explicou os detalles sobre a bóveda celeste, nunha interesante e grata sesión divulgativa.•

ARRANCOU O CLUB “O XOGRAR LECTOR” CUNHA VIDEOCONFERENCIA CO ESCRITOR DAVID PÉREZ IGLESIAS

A primeira sesión do Club de lectura O Xograr Lector, no IES Xograr Afonso de Sarria, incluiu unha videoconferencia co escritor David Pérez Iglesias. (Foto cedida).
A primeira sesión do Club de lectura O Xograr Lector, no IES Xograr Afonso de Sarria, incluiu unha videoconferencia co escritor David Pérez Iglesias. (Foto cedida).

•Dende hai uns días, está xa en marcha a nova programación do Club de Lectura O Xograr Lector, no IES Xograr Afonso de Sarria. A iniciativa busca promover a lectura dun xeito lúdico e participativo.
Na primeira reunión deste curso académico, participaron unha quincena de persoas, entre alumnado e persoal docente, que traballaron sobre o libro “Todo o tempo do mundo”, do escritor David Pérez Iglesias. Logo do encontro de traballo na biblioteca do instituto, os membros do clube de lectura trasladáronse ao salón de actos para manter unha videoconferencia co autor do libro.•

O ESCRITOR XABIER QUIROGA, PREMIO SAN CLEMENTE, INVITADO AO IES A PINGUELA POR ALUMNAS INTEGRANTES DO XURADO

O escritor sabiñádego Xavier Quiroga, acompañado por dúas das cinco alumnas integrantes do xurado do premio San Clemente, na súa visita ao IES A Pinguela. (Foto cedida).
O escritor sabiñádego Xavier Quiroga, acompañado por dúas das cinco alumnas integrantes do xurado do premio San Clemente, na súa visita ao IES A Pinguela. (Foto cedida).
As alumnas do IES A Pinguela que participaron na composición do xurado do premio literario internacional San Clemente, en Santiago a comezos deste mes. (Foto cedida).
As alumnas do IES A Pinguela que participaron na composición do xurado do premio literario internacional San Clemente, en Santiago a comezos deste mes. (Foto cedida).

•O IES A Pinguela participou este ano no xurado do premio literario internacional San Clemente, que organiza o IES Rosalía de Castro de Santiago co patrocinio de Abanca. O centro monfortino foi un dos 12 institutos participantes nesta edición, xunto con 5 centros españois e 6 doutros países. As alumnas do IES A Pinguela que estiveron no xurado literario foron Sara Navarro, Ánxela Pérez, Lucía Amaro, Mireia Torres, Andrea Méndez e Ánxela Jorge.
Un dos galardoados foi o escritor do Saviñao Xabier Quiroga, por “Izan o da saca”, na sección de novela galega. En castelán, a premiada foi Sara Mesa, coa súa obra “Cicatriz”, e no apartado de lingua estranxeira foi Pierre Lemaitre. Quiroga foi invitado polas alumnas Ánxela Pérez e Ánxela Jorge a visitar o instituto monfortino. O escritor de Escairón aceptou a invitación, e o día 16 mantivo un encontro co alumnado do IES A Pinguela, que participou activamente con preguntas sobre os personaxes da novela, as dúbidas que se lles plantearon, e os datos históricos e novelescos que contén esta narración sobre a presenza nazi nas terras do sur de Lugo.•

VIAXE DE ESTUDOS A MADRID DO ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN DO IES A PINGUELA

O grupo de alumnos, acompañado polos seus profesores, durante a visita guiada ao Palacio da Bolsa en Madrid. (Foto cedida).
O grupo de alumnos, acompañado polos seus profesores, durante a visita guiada ao Palacio da Bolsa en Madrid. (Foto cedida).

• O alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do IES A Pinguela de Monforte realizou este mes unha viaxe de estudos a Madrid.
O grupo de escolares, acompañados dos seus profesores, percorreron diversos lugares da capital de España vinculados á súa rama profesional, como o Palacio de la Bolsa ou a Real Casa de la Moneda. Nesta sede, visitaron a exposición “Virtute et merito” sobre a Real Orden de Carlos III, e na que se atopa o retrato do monfortino don Manuel Antero Yáñez Rivadeneyra, que viviu a principios do século XIX.

A viaxe de estudos a Madrid tamén incluiu unha sesión lúdica e cultura no Teatro Cofidis, onde asistiron á representación da comedia "El Test". (Foto cedida).
A viaxe de estudos a Madrid tamén incluiu unha sesión lúdica e cultura no Teatro Cofidis, onde asistiron á representación da comedia “El Test”. (Foto cedida).

A ruta incluiu unha visita ao Museo Naval, o Congreso dos Deputados, e o Museo del Prado. O grupo adicou tamén un espazo ao lecer cultural, asistindo á representación da comedia “El Test” no Teatro Cofidis.
Fóra da capital de España, os estudantes fixeron parada tamén en Arévalo, Segovia e Astorga•

 

O CPR FERROVIARIO INCORPÓRASE AO PROXECTO ELISA

Reunión informativa no CPR Ferroviario sobre o proxecto ELISA. (Foto cedida).
Reunión informativa no CPR Ferroviario sobre o proxecto ELISA. (Foto cedida).

• O pasado xoves día 17 celebrouse no CPR Ferroviario de Monforte unha reunión coas familias dos nenos e nenas de Educación Infantil con motivo da incorporación do Colexio ao novedoso proxecto ELISA (Estudo Lonxitudinal para unha Infancia Saudable).
Segundo informaron dende a dirección do colexio, este programa ten a finalidade de deseñar accións educativas que promovan o benestar xa dende os primeiros anos de escolarización, e axuden á prevención de dificultades temperás na infancia, estendéndose nos vindeiros anos aos cursos de Educación Primaria.
Este proxecto é iniciativa do grupo de investigación UDIPRE da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e está financiado polo Programa Estatal de Investigación, Desarrollo e Innovación orientada a los Retos de la Sociedad, que segue a estela do Estudo SOFIA, desenvolvido nos países nórdicos e  de gran prestixio en Europa.•

O XUÍZ VÁZQUEZ TAÍN ABRIU O CURSO NO IES A PINGUELA CUNHA CONFERENCIA SOBRE OS RISCOS NAS REDES SOCIAIS

O xuíz José Antonio Vázquez Taín impartiu unha conferencia sobre riscos nas redes sociais ao alumnado de Bacharelato do IES A Pinguela, o pasado 19 de setembro. (Foto cedida).
O xuíz José Antonio Vázquez Taín impartiu unha conferencia sobre riscos nas redes sociais ao alumnado de Bacharelato do IES A Pinguela, o pasado 19 de setembro. (Foto cedida).

•O IES A Pinguela abriu o ciclo de conferencias para este curso de man do popular xuíz José Antonio Vázquez Taín. Na conferencia, titulada “Novas tecnoloxías para vellos pecados”, o xuíz e escritor falou ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato sobre os perigos que existen nos entornos arredor da xuventude.
O mundo da droga, coa lacra das adiccións e da delincuencia, foi un dos temas tratados, aproveitando a experiencia de Vázquez Taín como xuíz en Vilagarcía de Arousa, cando desenvolveu unha intensa persecución ao narcotráfico.
Por outra banda, o maxistrado tamén falou dos riscos asociados ás redes sociais, alertando do perigo de ceder datos persoais ás empresas xestoras das redes. Vázquez Taín insistiu na importancia de non confiar a nosa intimidade ás redes sociais, polo risco de extorsión ou chantaxe. Ademais, lembrou a importancia da educación como ferramenta para construír un mundo mellor e máis responsable.
Na súa faceta de escritor, Vázquez Taín suma xa catro novelas. Logo da conferencia, asinou exemplares ao alumnado.•

PREMIOS DO CONCURSO DE DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2016 NA BIBLIOTECA DE MONFORTE.

A concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón, cos nenos e nenas premiados no Concurso de Debuxo e Narración Letras Galegas 2016. GPCM.
A concelleira de Cultura de Monforte, Marina Doutón, cos nenos e nenas premiados no Concurso de Debuxo e Narración Letras Galegas 2016. GPCM.

En debuxo e por idades, os premiados na categoría A foron Iago Rodríguez Franco (CEIP A Gándara), Elena Somoza Macía (Colexio Ferroviario), e Lola Pérez Pérez (CEIP A Gándara). Na categoría B, os galardóns corresponderon a Zeltia Pérez Barrientos, Lucía Rodríguez González (ambas do Colexio Escolapios), e Lucía de la Iglesia Fernández (CEIP A Gándara). Por último, os premios da categoría C foron para Lucía Amaro Losada (IES A Pinguela), Emanuélly Dourado Cardoso, e Isabel Rodríguez Sánchez (ambas do Colexio Torre de Lemos).
Pola súa banda, os premios de Narración corresponderon, na categoría A, a Rodrigo Cota Pérez (CEIP A Gándara), Mara Ledo Escudero (Colexio Ferroviario), e Efrén Rodríguez Rodríguez (CEIP A Gándara). Na categoría B, foron premiados Susana Martínez Vázquez (Colexio Ferroviario), Álvaro Buitrón Amaro (CEIP A Gándara), e Ariadna Valdés Fernández (Colexio Escolapios). Na categoría C, os recoñecementos foron para os traballos de Lucía Amaro Losada (IES A Pinguela), Abel López Arias, e Enma López Méndez (ambos do Colexio Torre de Lemos).•

DÍA DO TEATRO CON ACENTO FRANCÉS NO IES XOGRAR AFONSO DE SARRIA

Representación das obras “La pause café” e “Le restaurant”, a cargo do alumnado de Francés de 2º Bacharelato do IES Xograr Afonso de Sarria. (Fotos cedidas)
Representación das obras “La pause café” e “Le restaurant”, a cargo do alumnado de Francés de 2º Bacharelato do IES Xograr Afonso de Sarria. (Fotos cedidas)

 

•No IES Xograr Afonso de Sarria celebraron o Día do Teatro con acento francés. O pasado 27 de marzo, e con motivo desta efeméride cultural, o alumnado de Francés de 2º Bacharelato subiuse ao escenario para representar, na lingua de Molière, unha adaptación escolar das obras “Le pause café” e “Le Restaurant”. O público asistente, composto polo alumnado da asignatura de Francés dos cursos 3º e 4º ESO, e de 1º Bacharelato, disfrutou co talento interpretativo dos actores e actrices, así como da súa correcta dicción.

ELENCO DE ACTORES

A peza “La pause café” foi interpretada polos alumnos Daniel Fernández Vázquez no papel de Pierre, Lucía Méndez Gómez como Alexandre, Denise Torre Vázquez dando vida a Fanny, Miriam Balboa Arias no papel de Étienne, e Jennifer López Alonso representando a Émilie.

Pola súa banda, a obra “Le Restaurant” contou cun elenco formado por Nerea Cabanas Rodríguez como Mademoiselle Dupuis, Susana Fernández García no papel de Mademoiselle Dupont, Noelia López Eirao dando vida a Monsieur Dumas, e Alba Díaz Rodríguez como (Véronique Dubois.•

CLASES A CORAZÓN ABERTO NO IES A PINGUELA DE MONFORTE

•O departamento de Bioloxía do IES A Pinguela organizou a comezos de abril unha xornada divulgativa sobre o corazón, guiada polos xoves científicos Borja Merino e Jesús Maraña. Da man destes dous divulgadores, o alumnado de Anatomía de 1º Bacharelato Ciencias viviu unha xornada “a corazón aberto”, indagando nos segredos deste órgano, completada cunha disección. (Fotos cedidas).•ies pinguela- conferencia corazon1

O ALUMNADO DE PERRUQUERÍA DO IES A PINGUELA AFONDOU NAS NOVAS TENDENCIAS EN POSTIZOS

pinguela perruquria

•A mediados de abril, a aula de Perruquería do IES A Pinguela de Monforte acolleu unha xornada sobre últimas tendencias na aplicación de postizos, extensións e perrucas. A sesión formativa estivo a cargo de Susana Vizcaíno, técnico da empresa Prodube. (Foto cedida).

ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DO IES A PINGUELA DE MONFORTE

Alumnado do FPB Servizos Administrativos do IES A Pinguela, na cerimonia de graduación do curso 2015-2016. (Foto cedida).
Alumnado do FPB Servizos Administrativos do IES A Pinguela, na cerimonia de graduación do curso 2015-2016. (Foto cedida).

•O pasado 17 de marzo tivo lugar a cerimonia de graduación do alumnado que remata este ano a súa formación nos Ciclos Formativos do IES A Pinguela de Monforte. Nun emotivo acto cheo de alegrías pero tamén de nostalxias, o alumnado dos Ciclos Medios de Xestión Administrativa, Peiteado e Cosmética Capilar, e Sistemas Microinformáticos e Redes, así como os dos Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, e de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, xunto aos de FPB Servizos Administrativos, recibiron as súas bandas e diplomas, como corresponde ao remate destes estudos.

Este ano, o acto contou coa presenza de Alberto Vázquez Cabo, empresario monfortino e antigo alumno de FP do IES A Pinguela. A cerimonia completouse con actuacións musicais a cargo de alumnos e alumnas do centro.•

OVOS DE PASCUA SEGÚN A TRADICIÓN ALEMÁ NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE MONFORTE

 

O obradoiro de decoración de ovos de Pascua estivo conducido por Barbara Jablonowski, en colaboración con Martin Götz e dúas amigas alemanas, e dirixido ao alumnado de Alemán da Escola Oficial de Idiomas. (Foto cedida).
O obradoiro de decoración de ovos de Pascua estivo conducido por Barbara Jablonowski, en colaboración con Martin Götz e dúas amigas alemanas, e dirixido ao alumnado de Alemán da Escola Oficial de Idiomas. (Foto cedida).

•A Escola Oficial de Idiomas de Monforte desenvolve ao longo do curso diversas actividades, relacionadas co calendario festivo dos países e culturas cuxas linguas teñen docencia no centro.

Nesta ocasión, e con motivo da Pascua, a Escola organizou o día 7 de marzo un obradoiro de decoración de ovos de Pascua destinado ao alumnado de Alemán, e dirixido por Barbara Jablonowski, en colaboración con Martin Götz.

Antes de entrar en materia, o alumnado foi introducido na historia e tradición deste costume dos países xermano falantes. Ao remate do obradoiro, os alumnos levaron á casa as súas creacións.•

CONVENIO ENTRE CONCELLO DE MONFORTE E IES DAVIÑA REY PARA IMPULSAR O MAPA DE RUTAS URBANAS SAUDABLES

O 30 de marzo, o alcalde de Monforte, José Tomé, e o director do IES Daviña Rey, Isaac González, asinaron o convenio para impulsar o mapa de rutas saudables realizado polo alumnado deste centro monfortino. GPCM.

•O IES Daviña Rey está a traballar nun proxecto de mobilidade segura e saudable, a través do traballo do seu alumnado na elaboración de mapas sinópticos de rutas temáticas pola cidade. Para a súa divulgación, acaba de asinarse un convenio entre o centro de ensino e o Concello de Monforte, para elaborar de xeito colaborativo o seguinte mapa deste proxecto. Asimesmo, a web municipal incluirá enlaces para descargas estes materiais. Tamén se acordou que a Policía Local imparta charlas informativas sobre mobilidade sostible. Por último, o instituto entregará ao Concello a información obtida dos resultados da enquisa que vai elaborar sobre este tema.•

MONFORTE CELEBROU O DÍA DA ÁRBORE

O alcalde de Monforte, José Tomé, plantou un dos exemplares en Rioseco, axudado polos escolares que participaron na celebración do Día da Árbore. (Foto: GPCM).

O 17 de marzo, Monforte celebrou o Día da Árbore cunha plantación de exemplares en Rioseco na que participaron escolares de todos os centros educativos.

O IES A PINGUELA CLASIFÍCASE PARA A FASE FINAL DO PARLAMENTO XOVE

Foto de grupo dos estudantes Sabrina, Antía, María e David, acompañados do coordinador do grupo, Enrique Sampil, director do centro. (Foto cedida).
Foto de grupo dos estudantes Sabrina, Antía, María e David, acompañados do coordinador do grupo, Enrique Sampil, director do centro. (Foto cedida).

•A oratoria e o debate están a converterse nunha especialidade que dominan os alumnos e alumnas do IES A Pinguela. Desta volta, e como está a acontecer nos últimos anos, un grupo de ESO do IES A Pinguela vén de clasificarse para a fase final do certame Parlamento Xove, que se celebrou na localidade coruñesa de Culleredo a finais de febreiro. O equipo que irá á fase final estivo composto polos estudantes Sabrina, Antía, María e David, coordinado polo director do centro, Enrique Sampil. Nesta semifinal participaron un total de 24 equipos procedentes de varios institutos de Galicia, que debatiron sobre a cuestión “Determina o papel do/a profesor/a o futuro dos mozos e mozas?”

O Parlamento Xove é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que consiste nunha serie de encontros dialéctivos co obxectivo de fomentar entre os xoves o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Esta iniciativa, que ten carácter competitivo, está aberta a centros educativos de ensino secundario. A través dos encontros do Parlamento Xove, o alumnado participante pon en prática non só a súa capacidade de traballo en equipo, senón tamén as súas habilidades en aspectos como a búsqueda de información, a expresión oral, a orixinalidade ou a argumentación razoada. Asimesmo, os participantes deben desenvolver con desempeño suficiente técnicas como a lectura, a escritura ou as novas tecnoloxías.

A fase final terá lugar no Parlamento Galego os días 15 e 16 de abril. •

•O IES A PINGUELA, O ÚNICO DE GALICIA COA TOTALIDADE DE CONTRATOS-PROGRAMA DE EDUCACIÓN.

A finais do mes de xaneiro, o IES A Pinguela de Monforte foi seleccionado pola Consellería de Educación para impartir as oito liñas de contratos-programa que ofrece o departamento educativo da Xunta. Estes contratos-programa teñen como obxectivo a mellora do ensino que se está a impartir nos centros públicos.

MELLORA DO ENSINO NOS CENTROS PÚBLICOS

O IES A Pinguela foi o único de Galicia que vai desenvolver ata finais de curso a totalidade da programación ofertada, que inclúe oito liñas: Programa de Reforzo e Apoio (PROA) fóra de horario lectivo; Mellora das competencias clave. Competencia matemática; Mellora das competencias clave- competencia lingüística; Mellora das competencias clave-competencia científica; Mellora da Convivencia e promoción da igualdade; Prevención do abandono e do absentismo escolar; Mellora dos coñecementos para acadar a excelencia; Mellora da calidade na xestión dos centros.

A posta en marcha destas liñas de actuación supón que o centro será avaliado pola Consellería ao remate de cada un dos contratos-programa.

O financiamento destas programacións no IES A Pinguela correrá a cargo da Consellería de Educación, que vai destinar 10.200 euros máis os gastos de transporte e profesorado necesarios para o desenvolvemento do Programa de Reforzo e Apoio (PROA) fóra do horario lectivo.

Dende a dirección do IES A Pinguela amosaron a súa satisfacción por acadar estes programas.•

•CREATIVIDADE A MANCHEA NO IES A PINGUELA.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Durante a segunda metade deste mes, o IES A Pinguela acolleu tres obradoiros de Desenvolvemento Creativo, integrados no programa de actividades que o Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa está a realizar dende outubro nos centros escolares do rural galego.

Os estudantes de dous grupos de 1º ESO e un de 2º ESO participaron nesta experiencia creativa da man do artista Samuel Castro, vinculado ao Museo. Durante o obradoiro, os participantes puideron achegarse ao tratamento da paisaxe por parte das novas disciplinas artísticas.

Logo de escoller unha serie de imaxes, os rapaces e rapazas confeccionaron en grupo unha maqueta dunha paisaxe natural con diferentes elementos predeseñados, e a fotografaron dende enfoques específicos. Por último, visionaron os resultados e comentaron xuntos o traballo realizado.

O obxectivo destes obradoiros é levar aos centros educativos a filosofía de traballo do Museo de Arte Contemporánea, abordando a creatividade como unha ferramente para a innovación e o desenvolvemento sostible. (Fotos cedidas).•

•PREMIADA NUN CONCURSO CIENTÍFICO A ALUMNA DO IES DAVIÑA REY CRISTINA FERNÁNDEZ SILVOSA

Pantallazo do vídeo científico que presentou a alumna do IES Daviña Rey Cristina Fernández Silvosa, e que resultou gañadora do premio do público. (Foto: www.stembyme.com)

Esta alumna de 2º Bacharelato do instituto monfortino resultou gañadora do premio do público no 1ª Reto Científico #STEMbyme, un dos portais de Telefónica Educación Dixital. O vídeo sobre movementos parabólicos que presentou Cristina Fernández Silvosa acadou o premio outorgado polos conxunto dos participantes, amosando de xeito ameno e divulgativo dous supostos de parábola con exemplos na vida real. O Reto Científico que convoca Telefónica Educación Dixital contou con participantes de España, Colombia, Chile e Perú. Con este tipo de iniciativas, o portal divulgativo trata de fomentar a adquisición de coñecementos en Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas entre a xuventude, e despertar o seu interese por estas disciplinas. (Foto cedida).•

 

•DOUS ALUMNOS DO IES DAVIÑA REY, PREMIADOS NO II CERTAME MULLERES DE LEMOS NO DÍA DA BIBLIOTECA.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Moitas foron as celebracións que os centros de ensino e culturais organizaron a finais do mes pasado para celebrar o Día da Biblioteca. Un dos eventos que está a emerxer dentro do panorama cultural do sur de Lugo é o Certame Mulleres de Lemos, que organiza dende o pasado ano o colectivo Lemos Le. Este grupo, que integra a responsables das bibliotecas públicas e municipales e da asociación de libreiros da comarca de Lemos, pretende dar visibilidade ás figuras femininas máis representativas da historia deste territorio a través desta convocatoria. A presente edición estivo adicada a María Castaña, que inspirou aos creadores dos traballos de investigación e banda deseñada presentados a concurso. O xurado composto por Manola Porto, Humberto Loureiro e Ángel Arnáiz premiou como gañador na modalidade de divulgación ao arqueólogo de A Pobra do Brollón Xurxo Ayán, e na categoría de banda deseñada outorgou o primeiro premio á alumna do IES Daviña Rey Sara Rodríguez Barrientos, ademais de conceder un accésit ao tamén alumno deste centro monfortino Víctor Rodríguez Fernández. Os galardoados recibiron os premios de mans de Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura en A Pobra do Brollón; Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober; e Marina Doutón, concelleira de Cultura en Monforte.

PARTICIPACIÓN DO ESCRITOR XABIER QUIROGA

Durante a cea, que reuniu a máis de 50 persoas no Mesón As Viñas de A Pobra do Brollón, tivo lugar a entrega dos premios, ademais do visionado do conto “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo”, elaborado polo CIM de Monforte a partir dos traballos realizados polos escolares de Educación Primaria da comarca de Lemos, e narrado con voz en off pola xornalista Manola Porto. O acto tamén contou coa presenza do escritor Xabier Quiroga, que realizou unha lectura do seu texto titulado “A miña biblioteca, a miña casa”. Pola súa banda, a poeta de A Pobra do Brollón, Olga Novo, aportou o texto que ilustra o marcapáxinas conmemorativo desta edición.

GUNDIVÓS, NO CERTAME DO ANO QUE VÉN

Ao remate, presentouse a III edición do Certame, que estará adicada a Lola de Penelas, alfareira de Gundivós.•

•O IES XOGRAR AFONSO DE SARRIA PREMIOU OS MELLORES CONCEPTOS DE BIBLIOTECA ESCOLAR.

Miguel Pérez Ferreira, Paula Quiñoá Piñeiro e Ángela Rincón Rodríguez foron os gañadores do concurso do Día da Biblioteca, organizado no IES Xograr Afonso de Sarria. (Foto cedida).

O Día da Biblioteca é unha cita especial para os lectores, e para aqueles que tratan de convencer a propios e extraños das vantaxes que ofrece o feitizo da lectura. Os centros de ensino son un lugar fenomenal para ir collendo o “gusanillo” da lectura, como hábito para a formación e o estudo, e tamén para incorporalo á vida cotiá como un dos placeres máis singulares que ofrece a cultura. Pero para iso, primeiro hai que ter claro o que é unha biblioteca e como poder sacarlle o máximo partido. Con este fin, a biblioteca do IES Xograr Afonso de Sarria, en colaboración cos departamentos de Lingua Castelá e Galega, organizou o tradicional concurso nesta efeméride, animando aos estudantes de ESO e Bacharelato a reflexionar sobre o concepto de biblioteca escolar. As propostas que convenceron ao xurado foron a de Paula Quiñoá Piñeiro, de 41 ESO B, que acadou o primeiro premio; a presentada por Ángela Rincón Rodríguez, do mesmo curso, premiada co segundo premio; e a creación de Miguel Pérez Ferreira, de 4º ESO, co terceiro premio. Os tres recibiron un pequeno agasallo pola súa obra.•

• Tradición apícola no colexio do Incio

A comezos de novembro, o alumnado do CEIP Ricardo Gasset do Incio recibiu a visita dos responsables da empresa Mieles Anta, que conta con instalacións de procesamento e envasado de mel e polen no polígono industrial de Bóveda. O gran interese desta visita reside na tradición que hai no centro educativo de realizar a castra do mel. Para esta actividade, o colexio dispón do equipamento necesario, que inclúe traxes de apicultor, centrifugadora e os diversos aparellos para facer a castra ou extracción do mel. Este día é celebrado no centro con diversas actividades, como concursos, cancións, e certames de creatividade, nos que o alumnado pon a proba a súa habilidade plástica e literaria en torno a este tema. A actividade apícola remata cunha degustación do mel obtido.•

TRES ALUMNOS DO IES A PINGUELA DE MONFORTE, ENTRE OS MELLORES ESTUDIANTES RECOÑECIDOS POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

mellores expedientes ies a pinguela usc

Julia López Buitrón, Héctor Martínez Valdés e Noelia Vicho de la Fuente recibiron a comezos deste mes o recoñecemento da USC aos mellores estudiantes de ensino medio de Galicia. A entrega dos premios estivo a cargo do reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, nun acto celebrado no Auditorio de Galicia.

Os estudiantes premiados recibiron este recoñecemento por ter superado a cualificación de 9 na parte xeral das Probas de Acceso á Universidade. Os tres cursaron o bacharelato de Ciencias e nas Probas de Acceso á Universidade obtiveron as seguintes calificacións na parte xeral: Julia López Buitrón: 9,354; Héctor Martínez Valdés, un 9,294 e Noelia Vicho de la Fuente cun 9,028. Sumada a nota da parte específica, alcanzaron un 13,204; 12,694; e 11,328 de nota final.

Según explicaron dende este centro educativo, os resultados da selectividade deste curso “foron excelentes para o IES A Pinguela”. Nove dos alumnos presentados obtiveron una calificación superior a 11 de nota final, o que supón un 27,27% do total. A maiores, una das alumnas que quedara a centésimas do aprobado conseguiu superar a selectividade despois de reclamar doble corrección, o que fai que 32 dos 33 alumnos presentados superasen a selectividade, e a porcentaxe de aprobados deste instituto alcance o 97% este curso.

Dende o IES A Pinguela felicitaron aos tres alumnos premiados. (Foto cedida).•

• Días de sol e navegación na excursión de fin de curso do IES A Pinguela

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O alumnado dos primeiros cursos da ESO do IES A Pinguela disfrutaron da tradicional excursión de fin de curso, coa que se lles premia polo seu bo comportamento, ao tempo que se favorece a convivencia entre eles. Durante dous días, os 35 escolares participantes percorreron a vila de Cangas de Morrazo e a illa de Ons. Ademais, aproveitaron para achegarse ao mundo da náutica no barco contratado para a ocasión. Cunha tripulación profesional da empresa Piratas de Nabia, os escolares coñeceron o funcionamento do barco, e disfrutaron da navegación polas Rías Baixas. (Fotos cedidas).

•Os IES Daviña Rey e A Pinguela, gañadores co concurso municipal 3D

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A comezos deste mes, o Concello de Monforte entregou os premios do I Concurso de Impresión en 3D, no que participaron os tres institutos da cidade. Na categoría colectiva, o primeiro premio foi para o IES Daviña Rey, que recibiu como agasallo unha impresora 3D WitBox, e o segundo premio correspondeu ao IES Río Cabe.

Pola súa banda, na modalidade individual, a gañadora foi a alumna de 4º da ESO do IES A Pinguela Lucía Amaro Losada, que foi agasallada cun kit Prusa i3 Hephestos. Resultaron finalistas desta categoría Carlos Fernández González, e Carlos Diéguez Fernández, ambos alumnos do IES Río Cabe.

Todos os concursantes presentaron traballos de temática libre, pero que debían estar relacionados dalgún xeito coa cidade do Cabe.

Así, a gañadora da categoría individual, Lucía Amaro Losada, do IES A Pinguela, presentou unha reprodución dun busto dun dos monfortinos máis ilustres, o cardeal don Rodrigo de Castro.

Pola súa banda, o alumnado do IES Daviña Rey, gañador na categoría colectiva, elaborou un extenso proxecto centrado nos xogos de lóxica en tres dimensións, no que se daban a man a xeometría, a informática e, de esguello, tamén a cultura. Ao ter en marcha xa dous proxectos de traballo, o Talencrea, de fomento da cultura emprendedora, e o Comparte xeometría en 3D, dentro do programa Etwinning, decidiron vincular tematicamente estas dúas liñas de traballo co proxecto a concurso. Deixaron que cada quen aplicara a súa creatividade para crear pezas que logo puideran venderse nas pequenas empresas creadas polos alumnos, e que, ao tempo, estivesen vinculadas á historia local. O resultado foi a elaboración de reproducións de monumentos emblemáticos de Monforte, cos que gañaron o concurso.•

• O CEIP DE QUIROGA, NOMBRADO CENTRO EMBAIXADOR POLA ONG SAVE THE CHILDREN.

quiroga-Foto save the children

O pasado 19 de xuño, o CEIP de Quiroga recibiu o recoñecemento da ONG Save The Children pola súa labor de colaboración con esta organización nos últimos nove anos. Así, o colexio quirogués foi nomeado Centro Embaixador na Defensa e Promoción dos Dereitos dos Nenos, pola súa participación activa en campañas e iniciativas solidarias. Este recoñecemento tivo lugar durante a celebración do festival de fin de curso. O representante da ONG Save The Children en Madrid, Juan Gulló, fixo entrega do xogo de placas conmemorativas á directora do CEIP, Ana Mª Núñez García, logo de agradecer a toda a comunidade educativa a súa implicación e traballo.•

O colexio da Asunción de Sarria “abre os ollos” á importancia da reciclaxe

• Este centro sarrián foi o gañador do concurso escolar “Separemos ben, reciclaremos mellor” na modalidade de Secundaria co traballo “Abre os ollos”

Imaxe do traballo premiado "Abre os ollos", presentado polo alumnado de Secundaria do colexio plurilingüe Nosa Señora da Asunción de Sarria ao concurso "Separemos ben, reciclaremos melllor". (Foto cedida).

• Este mes tivo lugar o fallo dos premios do concurso escolar “Separemos ben, reciclaremos mellor”, que convoca a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e Sogama, coa colaboración de Ecoembes, Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec e ERP.

Na modalidade de Secundaria, o premio recaeu no traballo titulado “Abre os ollos”, presentado polo alumnado do colexio plurilingüe Nosa Señora da Asunción de Sarria. Con este traballo, pretendíase representar a realidade do mundo no que vivimos, e os actos que inconscientemente acentúan a súa destrución. O obxectivo da iniciativa é poñer de relevo a importancia de sensibilizar á cidadanía sobre a correcta xestión dos residuos urbanos.

Caixas de cartón, recortes de cartolinas e folios usados, ademais de botellas de plástico recortadas e moldeadas con calor para fabricar as follas da árbore, e recortes de caixas de aluminio para simular fábricas e a estrada, son algúns dos materiais reutilizados no traballo. O alumnado recolleu paus, herbas e pedras para compoñer o tronco da árbore e o chan, e tapóns e recortes de cartolina para simular a contaminación e as flores.•

A ALUMNA DO IES DAVIÑA REY SARA RODRÍGUEZ BARRIENTOS ACADOU UNHA BOLSA PARA PARTICIPAR NO CAMPUS TECNOLÓXICO PARA RAPAZAS DA UNIVERSIDADE DE GRANADA

A Asociación GALPon vén de conceder dúas bolsas en Galicia para asistir ao Campus Tecnológico UGR para Chicas 2015, que convoca a Universidade de Granada. Unha das estudiantes becadas é a alumna de 3º ESO do IES Daviña Rey Sara Rodríguez Barrientos, que participará neste Campus do 29 de xuño ao 10 de xullo. A alumna monfortina compartirá estadía coa outra estudiante galega becaria pola asociación, Clara Piñeiro Ordóñez, alumna de 1º de Bacharelato no IES Praia Barraña de Boiro.•

 

Premio ao emprendemento estudiantil para o IES Daviña Rey

• O alumno de 2º da ESO Víctor Domínguez Fernández acadou un dos premios do concurso “Atrévete a ter unha idea”, para fomentar a cultura do emprendemento

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, na entrega dos premios do programa Atrévete, para fomento da cultura emprendedora entre os escolares. GPXG.

• O 16 de xuño tivo lugar en Santiago a entrega de premios do concurso pertencente ao programa “Atrévete”, unha iniciativa da Xunta de Galicia para fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de primaria e ESO no espírito emprendedor. Entre os alumnos e alumnas gañadores do concurso “Atrévete a ter unha idea” estivo o estudiante de 2º da ESO do IES Daviña Rey Víctor Domínguez Fernández. Na área de Ourense, dentro da que competía o instituto monfortino, participaron no concurso cinco centros educativos, coa colaboración do CIFP A Farixa e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao.

PROGRAMA ATRÉVETE

O programa “Atrévete” estrutúrase en dous tipos de actividades. Por unha banda, inclúe xornadas de fomento do emprendemento, con visitas a empresas no caso do alumnado de 2º de ESO, ou cunha charla a cargo dun empresario para os estudantes de 6º de Primaria. Por outra banda, o programa inclúe o concurso “Atrévete a ter unha idea”, dirixido a todo o alumnado participante no programa, e que consiste na presentación dunha idea de negocio por parte dun estudiante, redactada como máximo en dous folios, que lle xurdira froito desta experiencia.•

A alumna sarriana Naila Mª González Rodríguez, gañadora da fase autonómica do concurso “¿Qué es un rey para ti?”

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A alumna de 6º de Primaria do CPR La Merced de Sarria Naila Mª González Rodríguez resultou gañadora da fase autonómica do concurso nacional “¿Qué es un Rey para ti?”. O traballo de Naila superou aos máis de 2.500 proxectos presentados en toda Galicia. A escolar sarriana representará á Comunidade Autónoma galega na audiencia que concederá proximamente a Súa Maxestade Felipe VI en Madrid.

As compañeiras de curso de Naila, Verónica Neira Rodríguez e Fátima Feijóo Valiña completaron un excelente papel no concurso, quedando finalistas na fase provincial. (Fotos cedidas).

 

•O IES A Pinguela felicitou ao seu alumnado polos resultados na Selectividade

• A porcentaxe de alumnos aprobados deste centro superou á media de Galicia

pag 20-foto selectividad paau 2015

• O IES A Pinguela felicitou ao seu alumnado de 2º de Bacharelato que vén de superar as probas de acceso á Universidade. 31 dos 33 alumnos presentados aprobaron a selectividade, o que supón unha porcentaxe do 93,75%, superando a media de Galicia en aprobados nas PAAU, que foi do 91,83%. Aqueles que non o lograron están a centésimas do aprobado, polo que, según precisaron dende a Dirección do centro, aínda se poden lograr mellores resultados despois da dobre corrección. As mellores cualificacións obtivéronas tres alumnos do noso centro que superan o 9 nas asignaturas da fase xeral, e coas notas da parte específica, unha alumna, Julia, chega a 13,204, outros dous, Héctor e Carmen, superan o 12, e seis (Noelia, Sabela, Belén, Paula, María e Uxía) están por encima do 11, o que lles facilita poder elixir os seus estudos superiores. Dende a Dirección e o equipo docente do IES A Pinguela desexaron aos alumnos e alumnas moito ánimo e boa sorte nos seus camiños. (Foto cedida).•

•Graduación do alumnado de 4º ESO do CPR Ferroviario de Monforte

graduacion 4ºeso cpr ferroviario 0615

O pasado venres 19 de xuño tivo lugar a cerimonia de graduación dos alumnos e alumnas do CPR Ferroviario de Monforte. Logo da celebración académica, os escolares, acompañados de nais, pais e equipo docente, compartiron unha cea de confraternidade no restaurante do Centro do Viño. (Foto cedida).•

Alumnado do IES A Pinguela gaña un premio sobre consumo responsable

Os alumnos e alumnas do IES A Pinguela premiados no concurso Consumópolis, posan co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. (Foto cedida).

• Os alumnos Jorge Vidal, Ánxela García Vázquez, Iago García Rodríguez, Luís Martínez Castillo, Junior Luciano e Francisco López Feijoo, que cursan 4º da ESO no IES A Pinguela, veñen de acadar o primeiro premio na fase autonómica do certame escolar Consumópolis. Esta iniciativa busca concienciar aos máis novos da importancia do consumo responsable. O equipo do IES A Pinguela, que se presentou baixo o nome de “Sostibilidade”, acadou o triunfo co traballo titulado “Para que os nosos soños sigan vivos, sexamos máis activos e menos adictivos”, no que estiveron coordinados polo profesor de Informática Javier Rodríguez Lorenzo. O grupo recibiu como premio 1.000 euros e un diploma acreditativo. Este primeiro posto na fase autonómica clasifica aos monfortinos para a fase nacional do concurso, na que representarán a Galicia.•

 

•Alumnado do IES Daviña Rey participou en Portugal nun programa de intercambio tecnolóxico

• Os estudiantes visitaron centros de Porto, Coimbra e Braga, entre outras vilas portuguesas • A iniciativa está integrada no proxecto eTwinning, centrada nas novas tecnoloxías

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• Os días 28, 29 e 30 de maio, un grupo de 28 alumnos e alumnas do IES Daviña Rey de Monforte, que cursan 1º e 2º da ESO, realizaron unha viaxe de intercambio académico a Portugal. Durante os tres días da estancia, o grupo visitou diversos centros educativos de cidades como Porto, Braga ou Coimbra, acompañados por tres profesores do centro monfortino, e por un grupo de estudiantes do Agrupamento de Escolas Alvaro Velho de Barreiro, que exerceron de anfitrións dos monfortinos. Os escolares do Daviña Rey participaron en varios obradoiros sobre elaboración de figuras con impresoras 3D.

Este intercambio forma parte do programa eTwinnings, un proxecto de colaboración escolar en Europa que busca fomentar a colaboración entre centros educativos mediante o uso das novas tecnoloxías da comunicación e da información (TIC). Dentro de este programa, promovido desde el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, están incluídos proxectos dirixidos ás diversas aplicacións educativas das novas tecnoloxías, e nos que participan centros de varios países. Asimesmo, o programa ofrece asesoramento e material didáctico e de traballo para os centos de profesores de varios países que están a tomar parte nesta iniciativa educativa.•

O clube de teatro do IES A Pinguela despediu a temporada con cea e función

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• “A revolución azul” foi o título da obra de teatro que o grupo do IES A Pinguela representou a finais do mes pasado neste centro monfortino, logo de levala aos escenarios no Certame de Teatro Escolar do Concello. Esta obra, dirixida por Paqui Abeledo, acadou unha chea de aplausos por parte do público.

PLANS PARA A PRÓXIMA TEMPADA

Unha vez rematada a tempada, os membros do grupo de teatro e a súa directora participaron nunha cea de confraternidade nunha pizzería local, onde lembraron todo o traballo realizado neste curso, as sesións de ensaio e a estrea da obra, ademais de facer plans para o futuro.•

O “Xograr Lector” completou o seu calendario para este curso

•A última reunión trimestral do club de lectura do IES Xograr Afonso de Sarria tivo como protagonistas aos propios membros do clube

Un momento da última reunión deste curso do club de lectura do IES Xograr Afonso, na que cada un dos lectores e lectoras propuxo un libro e animou aos seus compañeiros a lelo. (Foto cedida).

• O clube de lectura “Xograr Lector” despediu o curso coa última reunión trimestral, celebrada na última quincena de maio. O grupo máis lector do IES Xograr Afonso de Sarria conclúe así un calendario de sesións, que comezou no mes de novembro coa visita da escritora coruñesa Andrea Maceiras, e continuou no segundo trimestre do curso cunha actividade de rap e poesía a cargo da asociacion Vella Escola. Pola súa banda, e como colofón a todo este ano de intensa lectura, a sesión de maio do “Xograr Lector” tivo como protagonistas aos propios membros do clube, que propuxeron un libro por cabeza, tratando de argumentar diante dos seus compañeiros as bondades do título escollido, e así motivalos para lanzarse á súa lectura. Ruiz Zafón, Muñoz Molina, Laura Gallego, Ramón Caride, Santiago Lopo foron algúns dos autores escollidos para a ocasión.

Ademais de cultura e lecer, a lectura fai amigos, como quedou de manifesto na sesión do “Xograr Lector” de maio. Esta reunión serviu para despedir a dúas das veteranas deste clube, Carmela Cela e Eva Melle, que dende a súa chegada ao instituto tomaron parte moi activa no seu funcionamento. Aínda que remataron os seus estudios no centro, foron invitadas a seguir participando no clube.•

• GRADUACIÓN NO IES A PINGUELA.

foto graduacion bac 2015 apinguela-cedida

A promoción de 2º de Bacharelato que completou este ano os seus estudios no IES A Pinguela celebrou cunha cea festiva a súa graduación. Emoción e ledicia por pechar unha intensa etapa da súas vidas, e tamén ilusión e esperanza cara aos novos itinerarios persoais e académicos que agora inician. Dende o centro monfortino desexaron aos novos graduados a mellor das sortes. (Foto cedida).•

 

 

 

 

• DESPEDIDA DAS AUXILIARES DE CONVERSA DE FRANCÉS E INGLÉS DO IES A PINGUELA.

apinguela despedida auxiliares conversa

 

A primeira semana de xuño foi a derradeira na estancia das auxiliares de conversa de lingua francesa e inglesa do IES A Pinguela. A francesa Adeline Tournier e a norteamericana Andrea del Moral completaron así o seu traballo ao longo deste curso no centro monfortino. A dirección e o equipo docente do IES A Pinguela agradeceron ás dúas profesoras a súa implicación na actividade diaria do instituto. (Foto cedida).•

 

 

 

Graduación do alumnado de 2º Bacharelato no IES Daviña Rey de Monforte

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• O alumnado de 2º curso de Bacharelato do IES Daviña Rey celebrou a ceremonia de graduación a finais do mes de maio, logo de concluír a evaluación académica. Familiares e amigos reuníronse no Salón de Actos deste centro monfortino para acompañar aos estudiantes na que será a súa derradeira participación nun evento no Daviña Rey como escolares. A despedida desta promoción contou cos tradicionais discursos do equipo directivo e docente, e dos propios alumnos, antes da imposición das bandas de graduados, no que constituiu un momento de gran emotividade e alegría. Ao remate, os asistentes foron agasallados cuns pinchos na cafetería do instituto. A xornada completouse cunha cea de confraternidade, na que participaron os alumnos e alumnas graduados, así como o equipo de profesores e tutores que os asistiron durante este curso.•

 

•RECOLLIDA DE MÓBILES EN DESUSO NO IES A PINGUELA

recollida mobiles apinguela

Durante dúas semanas e ata mediados deste mes, o IES A Pinguela participa nunha campaña de recollida selectiva de móbiles fóra de uso. Estes aparellos depositáronse, con batería e sen tarxeta nen cargador, nun contenedor instalado na entrada do centro. A iniciativa, organizada polo alumnado de 1º de Bacharelato e promovida polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, pretende colaborar coa Fundación Jane Goda, para aproveitar o coltán que conteñen estes aparellos, e evitar así a explotación infantil e a destrución dos ecosistemas da selva do Congo, onde están os principais xacementos deste valioso e escaso material. (Foto cedida).•

 

 

 

•ALUMNADO DO IES A PINGUELA APRENDE COCIÑA SAUDABLE.

Un momento do taller "Mediterraneamos, aprende a cocinar", desenvolvido no IES A Pinguela o día 18 deste mes. (Fotos cedidas).

O día 18 tivo lugar neste centro monfortino o taller “Mediterraneamos, aprende a cocinar”, promovido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para promover a dieta mediterránea entre os escolares. Todo o alumnado da ESO participou na actividade, que estivo guiada por dous monitores especializados. Logo dunha parte teórica, elaboraron unha receta con produtos “mediterráneos”, e participaron nunha sesión de zumba para promover a actividade física.•

•LUCÍA LÓPEZ E CARLOS FERNÁNDEZ, DO IES DAVIÑA REY, PODIOS NO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Os alumnos do IES Daviña Rey, Lucía López Sobrado e Carlos Fernández González realizaron un brillante papel no último Campionato Provincial Escolar de Orientación, celebrado en Lugo a finais do mes pasado. O instituto monfortino presentou un plantel de 51 deportistas, nunha proba que reuniu a 289 escolares de toda a provincia. Lucía López acadou a medalla de ouro na categoría cadete feminino, co que suma a súa cuarta medalla consecutiva nesta proba nos últimos anos. Pola súa banda, Carlos Fernández logrou o bronce en infantil masculino, no que foi a súa estrea nesta competición. Ademais destes podios, os participantes do IES Daviña Rey lograron boas clasificacións, entrando nos 15 primeiros postos Aldara Pozo Rodríguez, Leila Rodríguez Rodríguez e Laura López Díaz, en categoría infantil, e Sara Rodríguez Barrientos, Uxía García Robledo e Edna Zaida Vázquez Antonia en categoría cadete.•

• O IES A PINGUELA CUMPLE COS OBXECTIVOS DE CALIDADE LOGO DA AUDITORÍA DE AENOR

Durante a primeira semana de maio, a empresa AENOR realizou unha auditoría do sistema de xestión de calidade do IES A Pinguela, e na que se constatou que o centro cumpre cos requisitos especificados na norma UNE EN ISO 9001:2008. Segundo explicaron dende a dirección deste centro, a auditoría destacou “a mellora continua que se sigue evidenciando no centro ó longo dos últimos anos”. Asimesmo, os responsables do centro amosaron a súa “satisfación pola participación nun sistema que permite a toda a comunidade educativa da comarca confiar en que os procedementos que se están a seguir no centro son os sinalados pola lexislación, implementando todos os mecanismos necesarios cara a ir acadando no día a día a mellora continua”. Dende a dirección do instituto agradeceron a todo o persoal “o seu esforzo, e o alto grao de dispoñibilidade, colaboración e vocación”.•

XORNADA INFORMATIVA NO IES A PINGUELA SOBRE ESTADÍAS FORMATIVAS NO ESTRANXEIRO

Erasmus+ Traballo

O IES A Pinguela de Monforte está integrado no Consorcio Erasmus + que organiza o proxecto Dinamizando Galicia (DiGal), con estadías formativas en empresas de países europeos, co obxectivo de facilitar a inserción laboral dos participantes. Para dar a coñecer este programa, celebrouse o día 15 unha reunión informativa co alumnado interesado, á que asistiu Mª Jesús López Cernadas, da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que lles explicou as características deste programa. A actividade consiste en realizar prácticas laborais non remuneradas durante dous meses nunha empresa de Italia, Portugal, Irlanda, República Checa ou Francia, axeitada ao perfil profesional do alumnado dos ciclos de Administrativo, Imaxe Persoal e Informática. Os beneficiarios do programa terán cubertos todos os gastos de viaxe e estancia, ademais de 20 horas de actividades de apoio lingüístico e cultural no país de destino, e apoio permanente durante a estancia. Ao regreso, recibirán acreditación da experiencia laboral correspondiente, válida en todo o territorio nacional e europeo. (Foto cedida).•

•O alumnado do CEIP de Sober gaña un premio nacional de debuxo e narrativa

• Os gañadores foron os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria

Os nenos e nenas do CEIP de Sober premiados no concurso que convocou a nivel nacional a firma Tetra Pak. (Foto cedida).

• O alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Sober veñen de gañar o concurso “Un bosque de cuento” que a empresa Tetra Pak convoca a nivel nacional. Os participantes debían ilustrar e dar continuidade a un conto, protagonizado por un bosque renovable e o personaxe de Reciclón, un envase brik. Os estudantes soberinos recibiron un premio de 1.500 euros en material escolar e unha tablet. Os premiados recibiron a felicitación do alcalde, Luis Fernández Guitián.•

•Alumnado do IES A Pinguela visitou Inditex

ies a pinguela visita inditex

•Alumnado de 1º curso dos ciclos medios de Xestión Administrativa e superior de Administración e Finanzas desprazáronse á localidade coruñesa de Arteixo para realizar unha visita guiada á empresa Inditex. Durante dúas horas cubriron un percorrido de cinco quilómetros da man dunha guía, que lles explicou os detalles organizativos dunha das empresas máis punteiras do mundo en moda. A visita incluiu a zona de patronaxe, loxística, fabricación, e carrusel de distribución a tiendas. (Foto cedida).•

Alumnado do CPR Ferroviario disfrutou dunha estancia lingüística no Reino Unido

• Un grupo de 24 estudantes do centro monfortino compartiron durante unha semana a vida cotiá dos habitantes de Exmouth

Ferroviario en Exmouth

 

•Do 21 ao 29 de abril, un grupo de 24 alumnos e alumnas do CPR Ferroviario de Monforte dos cursos 3º e 4º da ESO, participaron nunha estadía con familias locais na cidade de Exmouth, no Reino Unido. Acompañados polas profesoras de Inglés Ánxela Soria e Ana Isabel Illanes, os estudiantes desenvolveron ademais diversas actividades, como unha visita a Londres, dentro deste programa de aprendizaxe da lingua inglesa. Os participantes cualificaron esta experiencia como moi positiva e enriquecedora. •(Foto cedida).

 

 

 

•O IES A PINGUELA, NA PRIMEIRA EDICIÓN GALEGA DOS DEBATES ESCOLARES “MODELO PARLAMENTO EUROPEO”

ies pinguela parlamento xove melide

O equipo formado polas alumnas do IES A Pinguela Andrea López Otero, Andrea Bocanegra Gonzalez, Gemma Diaz Salgado e Lucía González Rodríguez, de 1º Bacharelato Ciencias, capitaneadas polo director do centro, Enrique Sampil, participaron a comezos de maio en Melide na primeira edición galega dos debates escolares “Modelo Parlamento Europeo”. Oito equipos doutros tantos centros de secundaria de Galicia organizáronse en 4 comisións, emulando o funcionamento da Cámara Europea, para debatir diversos temas. O obxectivo é que os estudantes poñan en prática as 4 competencias lingüísticas según o funcionamento do Parlamento Europeo. (F.C.).•

•Aprenden a facer xabóns artesanais no IES A Pinguela

Participantes no obradoiro de xabóns tradicionais impartido por Inés Buitrón no IES A Pinguela. (Foto cedida).

•O sábado 9 de maio celebrouse no IES A Pinguela un obradoiro de elaboración de xabóns artesanais, impartido pola farmacéutica monfortina Inés Buitrón, no que participaron alumnado de ESO e nais de alumnos. Contou coa colaboración da ANPA do centro e forma parte do Programa de Mellora da Excelencia do noso instituto.
Inés Buitrón falou da historia do xabón, da busca da asepsia durante a Historia, e cales foron os métodos que se utilizaron desde a cultura babilónica ata a Idade Moderna para intentar lavar máis ou menos eficazmente roupas e corpo.
Buitrón explicou tamén cal é a reacción química que se produce xuntando grasas con sosa caústica, as medidas de seguridade necesarias, e cales son as características da saponificación. Asimesmo, deu información sobre aromas, colorantes, plantas e demais ingredientes que é posible usar para mellorar o resultado final. Cada alumno realizou unha das labores necesarias para conseguir un resultado satisfactorio, e que lles permitirá disfrutar dunha peza de xabón feita por eles mesmos. (Foto cedida).

ALUMNADO DO IES A PINGUELA VISITOU O PARLAMENTO DE GALICIA

visita pinguela ciclos parlamento

A mediados de abril, un grupo de alumnos e alumnas de 1º curso dos ciclos de Administración desprazáronse ata Santiago de Compostela, onde tiveron ocasión de coñecer in situ as dependencias do Parlamento de Galicia, e o funcionamento desta institución. Ademais, completaron a viaxe cunha visita polo casco histórico de Compostela, e un percorrido pola Catedral e o seu entorno monumental. (Foto cedida).•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*