Días de frío intenso e de seca no sur de Lugo

A superficie do río Cabe, ao seu paso por Monforte, amosou unha placa de xeo como había anos que non se formaba. Unha familia de aves acuáticas realizou o seu paseo matutino sobre o Cabe conxelado, o pasado 22 de xaneiro. (Foto: MONTERO).

•As baixas temperaturas, unidas á falta de chuvia, deixaron imaxes pouco frecuentes na contorna

O tramo urbano do río Cabe amosou durante varios días un aspecto singular, con placas de xeo en superficie. Este fenómeno estivo acompañado por un espectacular manto de xeada que cubriu as zonas verdes da cidade a mediados deste frío e seco mes de xaneiro. (Foto: MONTERO)

O río Asma, no tramo do paseo fluvial de Chantada, presentaba a mediados deste mes un escaso caudal, insólito nestas datas do ano. EC

• O inverno apretou este mes no sur de Lugo, deixando imaxes como a do Cabe conxelado. Segundo Meteogalicia, as mínimas chegaron ata os -9º C en Monforte o 19 de xaneiro, e os -8ºC o día 20. En Chantada, as temperaturas caeron ata os -4,8º o mesmo día 20.
Por outra banda, a ausencia de chuvia provocou que os caudais dos tramos urbanos amosaran un aspecto moi inusual no inverno do sur de Lugo.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*