Máis de 20 alumnos para o Lemos

Rapaces da escola de fútbol do Lemos no campo Luis Bodegas. EC

O Clube Lemos xa ten en marcha a súa escola de fútbol. Tal e como indicou o presidente do clube, Antonio Feijoo, “superamos as expectativas e estamos xa en 22 alumnos”. A escola comezou a funcionar o pasado día 2 de febreiro e continúa coa matrícula aberta; unha matrícula que é de 25 euros e mensualidades de 10 euros.

En canto aos rapaces, polo momento dende o clube están a traballar con pequenos de entre 6 e 12 anos, mentras que as sesións impártense os martes, mércores e xoves en horario de seis menos cuarto a sete da tarde no campo de fútbol Luis Bodegas. “Se che digo a verdade, é que tanto os rapaces coma nós, empezamos este proxecto como unha aposta arriscada e forte, pero a resposta de alumnos e monitores foi moi boa. Só me queda dicir que estamos moi contentos con esta nova actividade, que por certo se iniciou para cimentar e conseguir un Lemos máis sólido”, aseguro o presidente do Clube. E así foi, xa que no seu momento a xunta directiva da entidade presentou no rexistro municipal unha solicitude de horarios no campo de fútbol Luis Bodegas, acompañada da memoria do proxecto para comezar de inmediato con esta actividade. Isto, viuse materializado a comezos do mes de febreiro. Pola súa parte, neste momento o coordinador é José Manuel Martínez, en colaboración co segundo adestrador do primeiro equipo e algún xogador.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os monfortinos xa poden disfrutar da pista de padel

Seguinte Nova

Todo disposto para a XXIX Feira do Viño de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: