Os monfortinos xa poden disfrutar da pista de padel

Nova pista de padel que ven de poñer en funcionamento o Clube de Golf Río Cabe de Monforte. EC

Nas instalacións do Clube de Golf Río Cabe ven de incorporarse unha nova actividade, a de padel. Tal e como explicou un dos responsables, José Manuel Rodríguez, “a pista abriuse a finais do mes de xaneiro e conta cunha promoción de apertura durante todo o mes de febreiro, a de un prezo de euro e medio por persoa e hora”. “Polo momento está a ser todo un éxito”, asegurou José Manuel Rodríguez, “xa que as reservas son de catro horas mínimo todos os días”. A disposición total dos usuarios, os torneos de momento aínda terán que esperar. “Temos que agardar a que a xente comece a coller algo de nivel, xa que ao fin e o cabo trátase dunha nova disciplina en Monforte”, engadiu Rodríguez.

Pola súa banda, o campo de golf leva en funcionamento dende hai dez anos, sen embargo, xestionado por esta nova agrupación, só dende fai dous anos despois de tomar o relevo ao Balneario de Augas Santas. “A verdade é que estamos contentos porque socios debemos pasar xa de 250, e en canto ás instalacións temos tamén un servizo de cafetería con restaurante que xa está funcionando a pleno rendemento, e estamos a piques de acabar tamén os vestiarios para ter todas as instalacións completas”. En canto a torneos, no campo de golf soe haber unha media de 20 a 25 torneos durante todo o ano, sen embargo, a temporada forte comeza a partires do mes de marzo.

III Liga de Parellas

A principios de mes disputouse no campo de Augas Santas Golf, en Pantón, a sexta e última proba da III Liga de parellas OPEL Cesmauto Gran Premio Costas Galicia. Con ela deuse por rematada esta terceira edición, onde 90 xogadores competiron nos últimos tres meses polos premios en cada unha das seis probas, e tamén polos tres premios finais da Liga. Os vencedores foron Ángel Anta e Luis de Anta, que con 201 puntos finais deixaron clara a súa superioridade durante estes tres meses de competición, impoñéndose tamén na última proba. A entrega de trofeos e premios celebrarase o vindeiro sábado 5 de marzo nunha cea-festa de hermandade que terá lugar no OCA Augas Santas Balneario & Golf Resort.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornadas de música tradicional en Chantada

Seguinte Nova

Máis de 20 alumnos para o Lemos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: