BÓVEDA ACOLLERÁ O CURSO DE DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO

O prazo de inscrición remata o 15 de marzo

O curso de Dinamización de Actividades de Tempo libre educativo infantil-xuvenil terá lugar en Bóveda a partir de abril. Este curso, que conta con 328 horas lectivas, impartirase en dúas fases, en horario de 10 a 15,30 horas; así, en abril e maio desenvolverase a fase teórica, e de xuño a xullo a fase prática. O curso ofrece un máximo de 15 prazas, e está dirixido a desempregados con nivel académico de ESO, FP1, Competencias Clave nivel 2 e similares. Os participantes poden optar a bolsas de asistencia, conciliación, transporte público e outras. O curso está organizado pola Xunta de Galicia e o Concello de Bóveda. Máis información no teléfono 982 426006.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda celebra o Entroido con doces, baile e premios ós mellores disfraces

Seguinte Nova

O EQUIPO DO IES A PINGUELA CLASIFICOUSE PARA A FASE FINAL DO PARLAMENTO XOVE 2014.

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: