Crónica del sur de Lugo

Bóveda celebra o Entroido con doces, baile e premios ós mellores disfraces

•O concursos de postres chega á terceira edición •A festa de disfraces será o domingo ás 17 horas no Centro Sociocultural

O concurso de postres de Entroido de Bóveda acada este ano a terceira edición. Arquivo EC.
O concurso de postres de Entroido de Bóveda acada este ano a terceira edición. Arquivo EC.

O domingo 2 de marzo a partir das 17 horas terá lugar a celebración do Entroido no Centro Sociocultural de Bóveda, organizada pola Delegación de Cultura do Concello. A xornada festiva abrirase coa mostra dos postres presentados ó concurso, que na súa terceira edición premiará ós tres mellores postres típicos de Entroido con vales para programas de relax e tratamentos termais por valor de 90 euros. Ó mesmo tempo, comezará o Baile de disfraces con animación, onde os asistentes disfrutarán dunha festa que rematará coa selección dos mellores disfraces. O concurso establece cinco categorías, nas que se premiará o disfraz máis orixinal, o máis cativo, o máis maior, o disfraz de grupo máis divertido, e o disfraz feito con material de refugallo. Aproveitando a afluencia de público ó Centro Sociocultural, o domingo inaugurarase a exposición de fotografía de Camilo López Pérez.

Colorido, imaxinación, música e música serán, un ano máis, as claves da festa de Entroido en Bóveda.  Arquivo EC.
Colorido, imaxinación, música e música serán, un ano máis, as claves da festa de Entroido en Bóveda. Arquivo EC.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio