Melloras nos espazos infantís da cidade do Cabe

O alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Antonino Luaces, presentaron a comezos do mes de febreiro as obras de mellora do parque infantil de Santiago.

Obras en todos os parques

Segundo afirmou o alcalde, “con esta actuación dase continuidade á mellora dos parques infantís que se iniciou no da Pinguela e que proseguirá nos de Carude, López Suárez, rúa Chantada e Compañía, xunto coa construción do da Florida”. Severino Rodríguez tamén anunciou que a próxima intervención levarase a cabo no parque infantil da Ronda, xunto ao paso a nivel de Rioseco, e que coa mesma “rematará o acondicionamento de todos os parques infantís da cidade”. O custe das obras no parque de Santiago ascende á cifra de 15.475 euros, que veñen dados grazas a unha subvención da Vicepresidencia Terceira da Deputación. Pola súa parte, o concelleiro de Medio Ambiente comentou que “en primeiro lugar efectuarase un rebaixe de terra para poder botar unha planchada de formigón, despois sobre o formigón instalarase caucho na zona onde están os xogos infantís, e céspede artificial no resto do pavimento”. Asimesmo, substituirase o valado actual de madeira que rodea o parque por outro novo.

Severino Rodríguez quixo destacar por último o esforzo realizado pola concellería de Medio Ambiente para poder afrontar estas obras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Conumar, un novo servizo para os consumidores de Lemos e Quiroga

Seguinte Nova

UGT-Lemos denuncia varios roubos en Cerámica O Castelo

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: