Conumar, un novo servizo para os consumidores de Lemos e Quiroga

Pilar Iglesias, presidenta de Conumar, xunto a Nava Castro e Raquel Arias o día da inauguración. EC

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e a directora xeral de Comercio, Nava Castro, foron as encargadas da apertura oficial da oficina de Conumar (Consumidores e Usuarios en Marcha) en Monforte, fai unhas semanas. Trátase dun novo servizo que a través da mediación atenderá e solucionará as dúbidas e reclamacións dos veciños das comarcas de Lemos e de Quiroga.

A súa presidenta, Pilar Iglesias Osorio, sinalou que “cada vez hai máis xente preguntando cousas, así que o que fixemos foi poñer unha oficina no norte da provincia e outra en Monforte para dar resposta a estas necesidades”. E segundo indicou a presidenta de Conumar “está a dar excelentes resultados”. A Dirección Xeral de Comercio participou nos últimos meses nesta iniciativa cunha partida de 60.000 euros. Con esta inversión foi posible realizar a apertura das oficinas de Conumar en Lugo e Barreiros, ademáis das instalacións de Monforte.

Pola súa parte, dende a oficina estanse a atender demandas tan diversas como as relacionadas coas rebaixas, o consumo en xeral, e outras de corte máis social. “Hai moita xente maior que non entende algunhas facturas ou recibos, así que dende Conumar tamén prestamos ese tipo de servizos”, explicou Pilar. É preciso destacar que dous dos principais ámbitos desta oficina de consumidores son as persoas maiores e aquelas con algún tipo de minusvalía.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A fundación Meniños levará a cabo un proxecto para previr a violencia entre a xuventude

Seguinte Nova

Melloras nos espazos infantís da cidade do Cabe

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: