Crónica del sur de Lugo

A fundación Meniños levará a cabo un proxecto para previr a violencia entre a xuventude

Olga Alvite, Alicia Cadarso e Mª Xosé Vega, durante a presentación do programa. EC

A vicepresidenta terceira da Deputación de Lugo, María Xosé Vega Buján, e a concelleira de Educación, Alicia Cadarso, acompañadas da delegada provincial da Fundación Meniños en Lugo, Olga Alvite, e numerosos responsables políticos e técnicos dos concellos do sur de Lugo, así como docentes de varios centros de ensino, presentaron en Monforte o programa “Atención familiar e prevención da violencia na adolescencia”, promovido pola Deputación con preto de 190.000 euros, e co apoio da Fundacion Meniños. Trátase dun programa a desenvolver durante todo este ano nos municipios de Sarria, Chantada e Monforte entre outros, dirixido a nenos, nenas e adolescentes con problemas de absentismo escolar e de conducta, en situación de risco ou desprotección, e a grupos familiares desestruturados que precisen intervención psicosocial intensiva.

Pola súa parte, nestes primeiros momentos os técnicos xa están a atender a un total de 56 menores e 30 familias, aínda que se prevé que o número de intervencións ascenda a medida que avance o programa e se detecten máis casos. En canto ao equipo técnico da Fundación Meniños, en cada zona está formado por alomenos un psicólogo, un traballador social e un educador familiar, que sempre traballan en colaboración cos servizos sociais de cada Concello e tamén cos centros de ensino, xa que soen ser estes dous colectivos os primeiros en detectar os casos de conflicto.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio