A Confraría do Viño de Quiroga celebra un cuso de cata en marzo

Os interesados poden inscribirse na Casa da Cultura de Quiroga antes do 7 de marzo

A Confraría do Viño de Quiroga, en colaboración co Concello de Quiroga e a Deputación de Lugo, organizou un curso de cata de viños entre o 11 e o 14 de marzo. As sesións serán na sala de catas do Museo Etnográfico, de 18,30 a 21,30 horas. O curso será impartido por un enólogo da adega Alan de Val, e os participantes aprenderán as habilidades básicas da cata de viños, adquirirán coñecemento da técnica de cata, comprenderán a elaboración dos distintos tipos de viños galegos e coñecerán os caldos das cinco Denominacións de Orixe de Galicia, así como as súas variedades de uva. O curso vai dirixido ó público en xeral, con prazas limitadas por orde de inscrición. O prazo de inscrición remata o 7 de marzo, na Casa da Cultura de Quiroga. Estableceuse un prezo orientativo de inscrición, que será de 40 euros para os confrades, e de 45 para o público en xeral.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Nuñez Feijóo preside el acto de inauguración de la nueva ETAP de Monforte

Seguinte Nova

Cea-homenaxe en Brollón ó piloto local José Luis López Fernández «Chinco», campión galego de Trial TR4

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: