Crónica del sur de Lugo

David Álvarez Goyanes, candidato do PP en Brollón:”Tentarei retomar o proxecto do parque empresarial que deixara asinado coa Deputación”

O candidato do PP de A Pobra é ferroviario e naceu en Brollón no ano 1958.

O candidato do PP estréase como cabeza de lista nas vindeiras eleccións, a pesares de ter exercido xa como alcalde sustituíndo a Manuel Casanova entre 2004 e 2007.

Como afronta o reto de ser cabeza de lista nas vindeiras municipais?

Con moita ilusión por poder continuar coa labor iniciada na anterior etapa entre 2004 e 2007. E ademais nestes momentos vaime ser máis doado porque cumprín unha ilusión que tiña dende hai tempo: facer unha casa no meu pobo. Nas anteriores eleccións vivía en Monforte e érame máis complicado postularme como candidato.

Destacaría algún asunto pendente daquela etapa que quixera retomar no caso de saír elixido?

Quedou un proxecto que considero de gran importancia: un parque empresarial que eu deixara asinado coa Deputación. Falara incluso cos veciños de Cereixa para chegar a un acordo no prezo do solo. Co cambio de goberno municipal non sei o que pasou con ese proxecto. Chegado o caso, tentarei retomalo, xa que se ubicaba nunha zoa moi ben situada tanto para ir hacia Lugo-Coruña-Ferrol; como cara Monforte-Santiago, Monforte-Ourense-Vigo ou a Ponferrada e o resto do país.

Que perspectivas observa de cara ás vindeiras eleccións?

As expectativas son moi boas, e imos traballar arreo para recuperar a alcaldía. Penso ademais que nos respalda o feito na anterior etapa que, humildemente, penso que con pouco fixemos moito. Tivemos un obradoiro de emprego con 35 persoas, invertimos máis de 300.000 euros en rexeneración de camiños no rural, rebaixamos a débeda do concello que quedou en algo menos de 800.000 euros e que agora supera xa o 1.000.000 euros, ampliouse a axuda a domicilio, estábase rematando o centro de día, empezamos a facer varias obras por administración para darlle traballo aos veciños, rematouse o saneamento da Estación que só tiña unha fase feita, cambiamos varios alumeados públicos, entre outras cousas.

Pode adiantarnos algunha promesa electoral ou compromiso destacable?

Aínda estamos a traballar nelo, pero a grandes rasgos, temos claro no que queremos incidir: Primeuro no paro, aínda que un concello non ten moito que dicir neste tema, faremos todo o posible para rebaixar o número de desempregados, e para iso, entre outras medidas, pretendemos conseguir un obradoiro de emprego, retomar o proxecto do parque empresarial e seguir facendo obras por administración, como xa faciamos na anterior etapa. Queremos tamén retomar o saneamento para, pouco a pouco, ir levando a todos os núcleos de poboación e arranxar a estrada LU-933 dende Vascós ata a Estación. Outras ideas son retomar o proxecto dunha residencia de anciáns, rebaixar a débeda e facer outro rebacheo total das estradas municipais que están en moi mal estado. Por outro lado, hai que estudar a posibilidade de rebaixar os impostos que nesta lexislatura incrementáronse moito.

Está definida xa a campaña electoral?

A campaña electoral non está definida, pero a grandes rasgos podo adiantar que haberá un acto de presentación da candidatura ó completo e reunións por todas as parroquias.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir a Inicio